Os animais invertebradosVersión en línea Relaciona cada dfeinición co seu correspondente tipo de animal invertebrado. 1º Débese seleccionar o tipo de invertebrado, e despois a definición que lle corresponda por Alvaro Quintans Garcia 1 Esponxas 2 Medusas 3 Vermes 4 Moluscos 5 Artrópodos ESPONXAS Son animais acuáticos de corpo irregular que viven fixos sobre o fondo mariño. Aliméntanse dos anaquiños de materia comestible que hai na auga. Están cubertas de poros, por onde entra e sae a auga. Así, funcionan como coadores da auga do mar. MEDUSAS Son acuáticas e viven no mar. Teñen corpos xelatinosos con aspecto de prato ou fonte. Posúen tentáculos con pequenos aguillóns velenosos que utilizan para cazar e que provocan dolorosas picaduras se as tocamos sen decatarnos VERMES Son animais alongados de corpo brando que non teñen patas. Hai varios tipos de vermes, moi diferentes uns dos outros. Algúns deles son prexudiciais para a saúde e outros son beneficiosos MOLUSCOS Algúns teñen un corpo brando que está protexido por unha cuncha, como o caracol, ou por dúas, como a ameixa. Outros teñen unha cuncha interna, como a sepia, ou non teñen cuncha como o polbo. ARTRÓPODOS. Son os invertrebrados máis numerosos e diversos. Inclúe os insectos, as arañas, os cangrexos, os cempés...Todo o seu corpo está protexido por unha cuberta dura con articulacións, coma unha armadura