COÑECENDO A F. Fdz. del RiegoVersión en línea Achegarse á figura homenaxeada no 2023 co Día das Letras Galegas por LECTURAS E ANDANZAS A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A País no que en 1950 publica Danzas populares gallegas. Contén B Nome dun café vigués no que participaba nos seus faladoiros. Comeza por C Apelido do propietario da editorial Nós na que o autor escribía recensións dos libros publicados no momento. Comeza por D Grazas a el débeselle dende 1963 a celebración desta data das Letras Galegas. Comeza por E Axuda a redactar o proxecto do texto legal que sería imprescindible para o futuro político de Galicia. Comeza por F Publicación da Sociedade Nacionalista Pondal en Buenos Aires na que colaborou e ten nome dun apeiro de labranza. Comeza por G Codirixiu con Ramón Piñeiro esta revista cultural galega nacida en 1963. Comeza por H Substantivo que comeza o título do xornal ourensán no que colabora. Comeza por I Publicación deportiva que imprime Roel e na que colabora este autor. Comeza por L Nome do intelectual que o achega ao galeguismo cando vivía en Santiago de Compostela. Comeza por M Cidade na que comeza a militar no galeguismo tras a lectura dos Precursores e dos autores da Xeración Nós. Comeza por N Substantivo que dá título ao xornal compostelán no que colabora e no que coordina o Suplemento del sábado. Comeza por O Apelido do autor de quen Fernández del Riego toma dous pseudónimos baseándose nos personaxes das súas narracións. Comeza por P Cargo que ostentou na RAG. Contén Q Apelido do autor mindoniense que volveu escribir en galego por amizade con Fernández del Riego. Comeza por R Apelido do autor de Teoría do nacionalismo galego, obra que influíu na ideoloxía de Francisco Fernández del Riego. Comeza por S Nome dun pseudónimo utilizado polo autor que ten como apelido Lorenzana. Comeza por T Apelido do director do semanario mindoniense Vallibria no que colaborou. Comeza por U Organización xuvenil dirixida por Álvaro de las Casas que pretendía espallar a cultura, a lingua e a historia de Galicia e na que colabora o homenaxeado. Comeza por V Vila na que naceu Francisco Fernández del Riego. Comeza por X Mes no que naceu este intelectual e galeguista. Contén Z Apelido do homenaxeado co Día das Letras Galegas en 2012 e axudou a Fernández del Riego ofrecéndolle colaborar na revista Industrias Pesqueras.