COÑECENDO A F. Fdz. del RiegoVersión en línea

Achegarse á figura homenaxeada no 2023 co Día das Letras Galegas

por LECTURAS E ANDANZAS
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

País no que en 1950 publica Danzas populares gallegas.

Contén B

Nome dun café vigués no que participaba nos seus faladoiros.

Comeza por C

Apelido do propietario da editorial Nós na que o autor escribía recensións dos libros publicados no momento.

Comeza por D

Grazas a el débeselle dende 1963 a celebración desta data das Letras Galegas.

Comeza por E

Axuda a redactar o proxecto do texto legal que sería imprescindible para o futuro político de Galicia.

Comeza por F

Publicación da Sociedade Nacionalista Pondal en Buenos Aires na que colaborou e ten nome dun apeiro de labranza.

Comeza por G

Codirixiu con Ramón Piñeiro esta revista cultural galega nacida en 1963.

Comeza por H

Substantivo que comeza o título do xornal ourensán no que colabora.

Comeza por I

Publicación deportiva que imprime Roel e na que colabora este autor.

Comeza por L

Nome do intelectual que o achega ao galeguismo cando vivía en Santiago de Compostela.

Comeza por M

Cidade na que comeza a militar no galeguismo tras a lectura dos Precursores e dos autores da Xeración Nós.

Comeza por N

Substantivo que dá título ao xornal compostelán no que colabora e no que coordina o Suplemento del sábado.

Comeza por O

Apelido do autor de quen Fernández del Riego toma dous pseudónimos baseándose nos personaxes das súas narracións.

Comeza por P

Cargo que ostentou na RAG.

Contén Q

Apelido do autor mindoniense que volveu escribir en galego por amizade con Fernández del Riego.

Comeza por R

Apelido do autor de Teoría do nacionalismo galego, obra que influíu na ideoloxía de Francisco Fernández del Riego.

Comeza por S

Nome dun pseudónimo utilizado polo autor que ten como apelido Lorenzana.

Comeza por T

Apelido do director do semanario mindoniense Vallibria no que colaborou.

Comeza por U

Organización xuvenil dirixida por Álvaro de las Casas que pretendía espallar a cultura, a lingua e a historia de Galicia e na que colabora o homenaxeado.

Comeza por V

Vila na que naceu Francisco Fernández del Riego.

Comeza por X

Mes no que naceu este intelectual e galeguista.

Contén Z

Apelido do homenaxeado co Día das Letras Galegas en 2012 e axudou a Fernández del Riego ofrecéndolle colaborar na revista Industrias Pesqueras.