Froggy Jumps Os seres vivos e os seus ecosistemasVersión en línea Acitividade que permite aos nenos e nenas traballar os ecosistemas, os seres vivos e as relacións que se establecen entre eles. por Isabel Martínez 1 Cales son tipos de ecosistemas? a Terrestre, mixto e aéreo b Terrestre, acuático e turístico c Terrestre, mixto e acuático 2 Indica a orde correcta da cadea alimentaria a Herba, coello e raposo b Herba, raposo e coello c Coello, raposo e herba 3 Por qué está formado un ecosistema? a Medio biolóxico e medio terrestre b Medio biolóxico e medio físico c Medio natural e medio animal 4 Indica os elementos naturais dun ecosistema acuático... a Tiburón, auga e rochas b Auga, rochas, plantas e barcos c Auga, rochas, plantas e area 5 A relación de competencia é... a Unha relación na que os individuos colaboran b Unha relación na que os individuos compiten polos mesmos recursos (territorio, comida, etc.) c Unha relación na que os individuos compiten para cambiar o modelo de ecosistema no que habitan 6 Indica cales dos seguintes animais presentan unha relación de cooperación a Tigres b Tiburóns c Formigas 7 Cales son ecosistemas terrestres? a Lagos, ríos e bosques b Desertos, bosques e praias c Desertos, matogueiras e selvas 8 A relación de cooperación caracterízase por... a Unha forte competencia entre os individuos b A axuda mutua que se prestan uns individuos a outros dentro da mesma especie c Pola cooperación entre individuos de ecosistemas acuáticos e terrestres 9 A qué ecosistema pertence a estrela de mar? a Terrestre b Acuático c Mixto 10 Cal dos seguintes NON é un tipo de relación entre animais? a Cooperación b Alimentación c Comunicación 11 Cales son os compoñentes do medio físico? a Auga, aire e osíxeno b Solo, auga e aire c Solo, auga e vexetación 12 A cadea alimentaria... a Representa de maneira ordeada quen come a quen b Representa as diferentes especies de animais terrestres c Inflúe únicamente na alimentación dos animais carnívoros