PROBA LGTBQI+ Versión en línea CANTO SABES SOBRE CONCEPTOS RELACIONADOS COAS DIVERSIDADES SEXUAIS? por ser e sentir A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Festival galego que se celebra en verán para reivindicar a diversidade sexual e a defensa da ecoloxía no rural Comeza por B Persoa que ten interés romántico ou sexual tanto por homes como por mulleres Comeza por C Aquela persoa á que o nacer se lle asigna unha identidade sexual que corresponde coa sentida Comeza por D Perspectiva que conceptualiza os procesos de transición entre xéneros non como enfermidade ou trastorno mental, senón como dereito humano Comeza por E Representación física do xénero, que pode ou non coincidir coa identidade de xénero Contén F Corrente do feminismo que amplía os suxeitos do mesmo a outras persoas, que tamén están oprimidas polo patriarcado pero que non necesariamente han de identificarse con mulleres Comeza por G Forma de designar aos homes homosexuais Comeza por H Odio, hostilidade, discriminación e violencia cara ás persoas homosexuais Comeza por I Persoa que transcende o concepto do xénero, sen ter en conta a súa propia identidade de xénero Comeza por L Muller que mostra inclinación cara á relación sexo-afectiva con persoas da súa mesmo sexo Comeza por M Idea de que só é posible ter unha vida LGTBQI nos espazos urbanos onde existen comunidades queer grandes Contén N Pensamento hexemónico que representa a realidade desde unha concepción dicotómica e opositiva Comeza por O Atracción emocional, romántica, sexual ou afectiva duradeira cara a outras persoas Comeza por P Persoa que sente inclinación sexo-afectiva polas persoas con independencia da súa identidade sexual, expresión de xénero ou sexo biolóxico, sexan cales sexan Comeza por Q Conxunto de ideas sobre o xénero e a sexualidade humana que sostén que os xéneros, as identidades sexuais e as orientacións sexuais non están esencialmente inscritos na natureza biolóxica humana, senón que son o resultado dunha construción social, que varía en cada sociedade Contén R Enfoque que subliña que o xénero, a etnia, a clase ou orientación sexual, así como outras categorías sociais, lonxe de ser naturais ou biolóxicas, son construídas e están interrelacionadas Comeza por S Estigmatización, rexeitamento, odio, hostilidade, violencia e discriminación ás persoas con VIH-SIDA Comeza por T Situación na que se atopan as persoas ás que se lles asigna unha identidade sexual que non corresponde coa súa Contén U Manifestacións do colectivo de lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuales para visibilizar as súas orientacións e identidades sexuais Comeza por V Fenómeno social que pretende a normalización da diversidade sexual, así como calquera outra forma de diversidade Comeza por X O 28 dese mes celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTB Comeza por Z Revista española de temática LGBT que obtivo gran repercusión mediática grazas ás súas portadas e reportaxes protagonizados por personalidades públicas que saían do armario