AcentuaciónVersión en línea Tedes que estar moi atentas. A ver cantas atinades? por María do Mar Hermida Pico A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Ao pai da nosa nai chamámoslle... Comeza por B Instrumento que utilizamos para escribir e contén una barra con tinta que pode ser de diferentes cores. Comeza por C Lugar onde se encerran as persoas presas. Comeza por D Ten 24 horas e nomeámolo como luns, martes, mércores... Comeza por E Mamífero roedor de rabo moi peludo e longo que salta de árbore en árbore e se alimenta de froitos como as piñas e insectos. Comeza por F Contrario de difícil. Comeza por G Lugar onde se coidan as crianzas máis pequechas. Comeza por H Construción rural de forma rectangular e feita sobre columnas con moitas aberturas que se utiliza fundamentalmente para gardar o millo. Comeza por I Persoa que, respecto doutra, é filla dos mesmos pais ou só do mesmo pai ou da mesma nai. Comeza por L Instrumento para escribir ou debuxar que se borra cunha goma. Comeza por M Aparello telefónico de pequeno tamaño (para facer chamadas, enviar mensaxes...) Comeza por N Concepto matemático que indica unha cantidade. Comeza por O Cada unha das pezas duras e ríxidas que forman o esqueleto dos vertebrados. Comeza por P Lugar onde se fai ou vende pan. Contén Q Deporte practicado sobre a neve onde se utiliza un patín longo en cada pé. Comeza por R Muller que ten o poder real ou é esposa do rei. Comeza por S Insecto de cor verde que está dotado dunhas patas posteriores moi longas, coas que dá grandes saltos Comeza por T Peza coa que se tapan as bocas das botellas. Comeza por U Contrario do primeiro. Comeza por V Cada unha das unidades dun tren que poden transportar persoas ou obxectos. Contén X Viaxe breve que se fai para coñecer ou visitar algún sitio. Comeza por Z Lugar onde se fabrican, amañan ou venden zapatos.