Test sobre o medio ambiente!Versión en línea Divertido test sobre os recursos naturais, os residuos que xeramos e os impactos que producimos! por Cristina Perea Corral 1 Cales destas afirmacións son certas sobre os recursos non renovables? Escoge una o varias respuestas a Son recursos que se rexeneran a unha velocidade menor á que se consumen b Son recursos que non se rexeneran ou o fan a unha velocidade moi lenta para a escala de tempo humana c Algúns exemplos son o petróleo, carbón e demais minerais d Algúns exemplos son a luz solar ou o calor interno da Terra 2 Cal dos seguintes enunciados é verdadeiro? a Os recursos naturais obtéñense directamente da natureza sen pasar por procesos externos b Os recursos naturais obtéñense tras un proceso artificial do ser humano c Os recursos naturais obtéñense da mesma maneira que os antrópicos d As rochas e minerais son recursos antrópicos 3 Cales destes usos son no consuntivos? Escoge una o varias respuestas a Recreativos b Enerxéticos c Urbanos d Domésticos e Ambientales f Industriais 4 Que tipos de residuos hai? a Recreativos, enerxéticos e ambientais b Domésticos, urbanos, agrícolas e industrais c Agrícolas, forestais, industriais, radiactivos, sanitarios e RSU d Hídricos, paisaxísticos, territoriais e enerxéticos 5 Que é un impacto ambiental? a Efectos exclusivamente positivos do ser humano no medio ambiente b Efectos exclusivamente negativos do ser humano na Terra c Cambios producidos naturalmente no medio ambiente, como a erupción dun volcán d É o efecto, positivo ou negativo, que unha acción humana ten sobre o medio ambiente