A reproducción humanaVersión en línea Conxunto de cuestións sobre a reproducción humana para 6º de EP por XOSÉ DUYOS VÁZQUEZ 1 Por que dicimos que a reproducción humana é sexual e vivípara? a Porque interveñen dous sexos e as crías nacen dun ovo. b Porque interveñen dous sexos e as crías nacen do ventre da nai. c Porque só intervén un indivíduo e as crías nacen dun ovo. 2 Como se chama a época da vida dunha persoa na que aparecen os trazos sexuais secundarios? a Adolescencia b Vellez c Pubertade d Nenez 3 Que son os óvulos e os espermatozoides? a Células epiteliais. b Células reproductoras. c Células nerviosas. d Células hepáticas. 4 Por que os fillos se parecen aos pais? a Convivencia familiar. b Herdanza da información xenética. c Trazos sexuais secundarios. 5 Como se chama o órgano que produce os óvulos? a Trompa de Falopio. b Ovario. c Útero. d Vaxina. 6 En que órgano do aparato reproductor feminino adoita producirse a fecundación do óvulo? a Útero. b Vaxina. c Trompa de Falopio. d Ovario. 7 Que sucede se o óvulo non é fecundado? a Non pasa nada. b Prodúcese a menstruación. c Prodúcese unha doenza. 8 Que partes do aparato reproductor masculino son apreciables exteriormente? a Espermatozoides e testículos. b Gónadas e próstata. c Pene e escroto. 9 Cales son os órganos internos do aparato reproductor masculino? a Testículos, conducto deferente, vesículas seminais e próstata b Pene, escroto e vexiga urinaria. c Riles, escroto, próstata e seme. 10 Que órganos fabrican o líquido seminal? a Os testículos e o escroto. b A próstata e as vesículas seminais. c O pene e a vexiga.