E agora imos coas plantas ...Versión en línea Es quen de recoñecer estas plantas? por Carmen R P 1 Estas plantas, cuxo nome científico é "digitalis purpurea", en galego ten varios nomes, segundo a zona. Sabes como se chaman? a margaridas b estralotes , balocos, estalotes, dedaleiras, croques, bilitroques, milicroque, estalos, abeloura, abrula, estoupallo, seoane, botexo, barloco, borleta c pampillos d herba de san Xoan 2 Esta planta que nos amosa Antonio é moi abundante no Ribeiro, na Ribeira Sacra e noutras zonas e chámase a vide b groselleiro c marmeleiro d xesta 3 Esta planta bótase para pereparar a zorza e tamén se bota nalgunhas pizzas. Como se chama? a cebola b ourego c prixel d cenoria 4 En moitos xardíns hai estas plantas . As súas flores poden ser de cores moi variadas. Chámase a rosal b roseira c camelia d rosa 5 No verán este arbusto énchese de froitas moradas. Como se chama? a groselleiro b moreira c silva d amorodo 6 Esta planta que ten Aurora ten un aroma moi agradable. Como se chama? a lavanda b ortiga c xarxa d violeta 7 Na horta de Marta hai estas plantas que se comen en ensalada. Como se chaman? a tomates b pementos c cebolas d leitugas 8 Ao frotar as follas desta planta, deixan un arrecendo moi agradable. Como se chama? a loureiro b ourego c prixel d menta 9 Esta planta que ten Adrián na súa casa é moi útil e chámase a cala b cacto c aloe d alegría 10 A estas plantas gústalles a humidade. Son os a xuncos b fentos c toxos d grelos 11 Desta planta saen as nabizas e os grelos a cenoria b berza c millo d nabo 12 Esta planta que ten Antonio arrecende a limón e en infusión calma a dor de barriga. Chámase ... a ourego b romeu c herba luisa d manzanilla 13 As flores desta planta chámanse chorimas. É un ... a toxo b buxo c teixo d loureiro 14 Este arbusto medra no monte, empregábase para facer escobas e chámase a toxo b érbedo c xesta d mimosa 15 No cole temos esta planta que sube pola parede e chámase a hedra b ortiga c silva d enredadeira 16 Son plantas ornamentais e chámanse a hortensias b roseiras c margaridas d adelfas 17 As follas e talos desta planta que viu Héctor no monte pican.Como se chama? a cardo b ortiga c roseira d carqueixa 18 Esta planta, orixinaria de Australia, é unha planta invasora. Chámase a eucalipto b loureiro real c mimosa d acivro 19 Estas plantas de flores amarelas que atopou Adrián, chámanse a margaridas b pampillos c couselos d balocos 20 Cando chega a primavera, os prados énchense de a espiños b ortigas c pampillos d margaridas 21 Esta planta de flor vermella chámase a papoula b rosa vermella c dalia d peonia 22 Estas plantas que ten Theo no xardín chámanse a tristuras b sorrisos c alegrías d penas 23 Estas plantiñas verdes aparecen na superficie da auga das fontes. Como se chaman? a garabanzo de auga b faba de auga c lentella de auga d guisante de auga 24 As flores desta planta que está ao lado da casa de Héctor teñen arrecendo a xasmín, pero a planta chámase a Celinda b Cebonita c Cefea d Cepreciosa 25 Esta planta que temos xunto a porta do cole chámase a pasionaria b sempreviva c sabugueiro d ruda