Icon Crear Crear
Obtener Plan Académico
Obtener Plan Académico
Obtener Plan Académico

PASAPALABRA INTERMEDIO LUSOFONÍA

Ruleta de Palabras

Pasapalabra de nivel intermedio elaborado polo alumnado de 2º ESO A do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), no marco do Proxecto Interdisciplinar da Lusofonía, para poñer a proba os nosos coñecementos, como galegas e galegos, de portugués e sobre a cultura lusófona. Ollo coa escrita!

Descarga la versión para jugar en papel

8 veces realizada

Creada por

España

Top 10 resultados

  1. 1
    00:53
    tiempo
    0
    puntuacion
¿Quieres aparecer en el Top 10 de este juego? para identificarte.
Crea tu propio juego gratis desde nuestro creador de juegos
Compite contra tus amigos para ver quien consigue la mejor puntuación en esta actividad

Top juegos

  1. tiempo
    puntuacion
  1. tiempo
    puntuacion
tiempo
puntuacion
tiempo
puntuacion
 
game-icon

PASAPALABRA INTERMEDIO LUSOFONÍAVersión en línea

Pasapalabra de nivel intermedio elaborado polo alumnado de 2º ESO A do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), no marco do Proxecto Interdisciplinar da Lusofonía, para poñer a proba os nosos coñecementos, como galegas e galegos, de portugués e sobre a cultura lusófona. Ollo coa escrita!

por Lingua Azul
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z

Começa com A

Froita tropical de forma cónica e tamaño grande rematada nun penacho de follas, cuxa carne é amarela, doce e refrescante e está cuberta por unha codia dura e rugosa.

Começa com B

Doce plano de forma habitualmente arredondada feito con fariña e que pode levar outros ingredientes como azucre, leite ou ovos.

Começa com C

Arte marcial afro-brasileira, que combina facetas de danza, música e combate.

Começa com D

Alteración da saúde dun ser vivo debida a un mal funcionamento dalgún dos órganos. Enfermidade.

Começa com E

Que ten graza. Divertido, bonito, chistoso.

Começa com F

Canción popular portuguesa, xeralmente lamentosa e fatalista, cunha liña melódica simple e co acompañamento musical dunha guitarra ou acordeón.

Começa com G

Protesta laboral consistente en non ir traballar. Folga.

Começa com H

Ter dúbidas ou receio. Dubidar.

Começa com I

Que ten moita idade. Vello.

Começa com J

Maneira en que se fan as cousas.

Começa com K

Divertimento de orixe xaponesa que consiste en interpretar unha canción sobre un fondo musical gravado, mentres se vai lendo a letra nunha pantalla.

Começa com L

Conxunto de países cuxa lingua oficial é o portugués.

Começa com M

Ex futbolista portugués que adestrou o Real Madrid e actualmente adestra o Tottenham.

Começa com N

Preparación culinaria feita con ovos, leite e azucre batidos e que constitúe o principal ingrediente dun típico pastel portugués.

Começa com O

Percibir co oído.

Começa com P

Escritor brasileiro autor da novela O Alquimista, o libro brasileiro máis vendido no mundo en toda a historia.

Começa com Q

Propiedade inmoble que se compón dunha porción delimitada de terreo.

Começa com R

Non aceptar. Rexeitar.

Começa com S

Apelido do escritor portugués ao que se lle concedeu o Premio Nobel de Literatura no 1998.

Começa com T

Río máis longo da Península Ibérica que atravesa a cidade de Lisboa na súa desembocadura no Océnao Atlántico.

Começa com U

Mamífero carnívoro plantígrado da familia dos úrsidos, de gran tamaño, pelo abundante e mesto, orellas curtas e fociño longo, do que existen varias especies.

Começa com V

Diplomático, xornalista, poeta e compositor brasileiro que foi un dos principais expoñentes do xénero Bossa nova.

Começa com W

Enciclopedia virtual de contido libre, aberto e multilingüe, na que os artigos son escritos de xeito colaborativo por persoas voluntarias de diversas partes do mundo.

Começa com X

Insultar con palabras, mofarse.

Contém Y

Futbolista brasileiro que xogou no F.C. Barcelona e actualmente xoga no PSG.

Começa com Z

Manifestar un estado de ira, enfado; Irritarse, anoxarse.

educaplay suscripción