PASAPALABRA DOADO LUSOFONÍAVersión en línea Pasapalabra de nivel doado elaborado polo alumnado de 2º ESO B do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), no marco do Proxecto Interdisciplinar da Lusofonía, para poñer a proba os nosos coñecementos, como galegas e galegos, de portugués e sobre a cultura lusófona. Ollo coa escrita! por Lingua Azul A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z Começa com A Peza plana e cadrada de barro, de cores normalmente brancas e azuis, moi empregada na arquitectura e decoración tradicional portuguesa. Começa com B País de maior extensión e poboación do sur de América, de fala portuguesa, e característico polas súas fermosas praias, músicas e danzas. Começa com C Vehículo de catro rodas movido pola acción dun motor. Turismo. Começa com D Río máis importante do noroeste da Península Ibérica que atravesa a cidade de O Porto e desemboca no océano Atlántico. Começa com E Perder o equilibrio ou control do movemento ao pisar ou desprazarse sobre unha superficie. Esvarar. Começa com F Galo novo, pito, que serve para a alimentación. Começa com G Sentir o sabor de cousas ou agrado por algo ou alguén de maneira especial, satisfactoria. Começa com H Día presente, no que estamos actualmente. Começa com I Lácteo cunha consistencia xeralmente cremosa obtida a partir da fermantación do leite. Começa com J Prensa en papel ou dixital que se publica a diario. Começa com K Futbolista brasileiro que xogou no Real Madrid e que recibiu o Balón de Ouro no 2007. Começa com L Establecemento onde se vende calquera tipo de produto de consumo. Começa com M Illa portuguesa do océano Atlántico, pertencente ao arquipélago co mesmo nome e cuxa capital é Funchal. Começa com N dise da persoa que está apaixonada por alguén. Começa com O Doce tipico de Portugal feito cunha mestura de xemas de ovo e azucre envolta en papel de arroz. Começa com P Dar algo que tes ti a outra persoa que non o ten. Compartir. Começa com Q Día que ocupa o quinto lugar na semana. Começa com R Nome de tres dos futbolistas brasileiros e portugueses de máis fama internacional. Começa com S Sentimento profundo de perda ou nostalxia de algo vivido, característico da cultura galego-portuguesa. Começa com T Realizar exercicios para tornarse destro ou hábil nunha determinada práctica ou deporte. Começa com U Placa córnea que crece na punta dos dedos. Começa com V nome da cor encarnada, colorada. Começa com W Conxunto de información que se atopa nun enderezo determinado de internet. Começa com X Xogo de mesa de estratexia, cun taboleiro de cadros brancos e negros, no que dúas persoas compiten para dar xaque mate ao rei do rival.. Contém Y Nome do personaxe de ficción creado pola escritora J. K. Rowling ao que se lle rende culto na actualidade na Livraria Lello da cidade do Porto. Começa com Z Animal pertencente a familia dos Equidae que habita en zonas da sabana ou desérticas, cuxo trazo máis característico son as liñas verticais de cor branca e negra que cubren o seu corpo.