Animais en perigo de extinciónVersión en línea Animais e causas da extinción por Ana Rosa Perez Comesaña A B C D E F G H I K L M N O P Q R S T U V W X Z Comeza por A Mamífero que se caracteriza por ter a cabeza e o tronco cubertos de placas óseas revestidas de escamas córneas, articuladas de maneira que pode envolverse en forma de bóla en caso de perigo. Comeza por B Comeza por C Tipo de tartaruga que habita no mar e atópase en perigo de extinción porque é moi fermosa e cázana para usar a súa cuncha para fabricar xoias. Comeza por D Está considerado como o lagarto vivo máis grande do planeta, so quedan 5000 exemplares. Comeza por E Conxunto de organismos animais e vexetais que constitúen unha comunidade integrada e o medio natural en que viven. Comeza por F Familia de mamíferos adaptados a pasar gran parte do tempo no auga. Moi apreciados pola súa pel. É unha das comidas favoritas do oso polar e é protagonista de moitos espectáculos acuáticos. Comeza por G Mono orde dos primates, moi forte e fero, de corpo robusto, pelame denso e negro, cos brazos longos e musculosos e patas máis curtas, que habita na África ecuatorial. O máis famoso é King Kong. Comeza por H Mamífero carnívoro gris con manchas ou raias escuras, cunha crina no lombo, que se alimenta sobre todo de animais mortos e do cal existen varias especies. É moi rápido e moi listo, pero moi feo. Comeza por I Lume de grandes proporcións que se propaga facilmente e que causa importantes estragos. Comeza por K Animal de pelo gris e marrón e o nariz negro. Gústanlle moito os eucaliptos e parece un peluche. Vive en Australia. Comeza por L Mamífero carnívoro da familia dos felinos parecido ao gato, pero de maior tamaño que vive na Península Ibérica. É o animal máis silencioso. Comeza por M Mamífero acuático da orde dos sirenios, de ata uns cinco metros de lonxitude, que vive nos esteiros e na desembocadura dos grandes ríos. Comeza por N Especie de casa das aves feito de pau e barro para vivir e criar. Comeza por O Mamífero de cor branca. Ten cinco gadoupas afiadas e curvadas en cada pata que lle serven para agarrarse ao xeo e para cazar. É un dos mellores depredadores do mundo. O desxeo está acabado con eles. Comeza por P Mamífero das zonas tropicais de Asia e África, de corpo cuberto de escamas superpostas, coa lingua longa e viscosa, sen dentes, e as patas provistas de cinco grandes poutas. Comeza por Q Ave sagrada da rexión tropical de América. Comeza por R Mamífero carnívoro, que se caracteriza por ter o fociño e as orellas afiadas e o rabo longo e peludo. É un gran ladrón de galiñas. Moitos cazadores téñeno disecado como trofeo de caza. Comeza por S Que permite preservar, manter e mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro. Comeza por T Ruído producido por unha arma de fogo ao disparar e que acaba coa vida de moitos animais. Comeza por U Especie de marsupial que habita en bosques de áreas rochosas e escarpadas. Pode medir de 50 a 60 cm. É de cor roxo. A cola e as mans son negras. Comeza por V Ave de gran tamaño e envergadura que moitas veces se alimenta de cadáveres. Comeza por W Comeza por X Mamífero carniceiro da familia dos félidos propio de América do Sur, semellante ao leopardo, pero de maior tamaño, de pelame amarela tirando a vermello con manchas negras arredondadas. Hai unha marca de coches que se chama así. Comeza por Z Tamén coñecido como voitre negro.