Os adverbiosVersión en línea Test sobre o coñecemento dos adverbios. por José Manuel Timiraos Fernandez 1 Os adverbios son palabras variables. a Si b Non c Ás veces d Cando van diante dunha preposición 2 Que expresan os adverbios? a Accións b Calidades c Dúbida d Circunstancias 3 Cales son os adverbios na oración seguinte: " Onte vin un anuncio que me gustou moito" a Onte e vin b Gustou e anuncio c Onte e moito d Vin e moito 4 Cales destes adverbios son de lugar? Escolle unha ou máis respostas a Aí b Non c Perto d Ben 5 Cal das seguintes son locucións adverbiais? Escolle unha ou máis respostas a Ao lado b En verdade c Ás 4 da tarde d A carón 6 Que tipo de adverbio é aquí? a Lugar b Tempo c Modo d Negación 7 E tampouco? a Lugar b Tempo c Modo d Negación 8 Cal é o adverbio nesta oración: " A nena tamén quere un anaco de tarta" a Nena b Tamén c Anaco d Un 9 Cal dos seguintes adverbios non é de tempo? a Daquela b Axiña c Rapidamente d Cedo 10 De que tipo é a locución que aparece nesta oración: " Vén a Narón de cando en vez" a Modo b Tempo c Lugar d Negación