Ruleta de música en galego actualVersión en línea
Para coñecer os principais grupos e artistas da música en galego de todos os estilos.
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Comeza por
A
Defínense como rock de serie B, cantan ironicamente que Galicia es una mierda ou que Sempre nos matan. Téñenlle un cariño especial ao barrio compostelán de Vista Alegre.
Comeza por
B
Escribe o seu nome sen o artigo A: Cinco mozas que nos traen ritmos pop e variados (calidoscópicos, chámanlles elas, por presentaren estilos moi diferentes). O seu último disco é Fábrica de luz.
Comeza por
C
Catro mozas e un mozo da zona de Melide que, con ritmos rock e letras comprometidas socialmente, dannos Leccións de historia e berran Querémonos libres!
Comeza por
D
Tres mozas e un mozo que fan música vocal, humorística e de parodia de éxitos internacionais. Amodiño, Rexurdimente...
Comeza por
E
Tres rapaces que definen o seu rap como combativo, que perseguen Aspiracións mínimas urxentes e que din que Non é verán de Estrella Damm.
Comeza por
F
Banda de rock garage ben festeira formada por cinco mozos que son como unha Familia de Guapos de primeira ou que lle cantan aos Surfistas nazis...
Comeza por
G
Moza Chea de vida que lle canta ás Matriarcas. Pasou do folc ao pop indie, formou parte de Berrogüetto, xa leva varios discos en solitario e en 2019 publicou un disco en sete linguas.
Comeza por
H
Estilo musical ao que podemos asociar a Dios ke te crew, Aid ou Ezetaerre.
Contén
I
O seu nome contén a letra -i-: Rapeira viguesa autora de Rapoemas.
Contén
J
Cantora e compositora pop arzuá que ten catro discos publicados. Unha Guerrilleira que deixa A luz prendida.
Contén
K
Grupos como Ruxe-Ruxe, Zënzar, Astarot ou Nao fan este tipo de música.
Comeza por
L
Nome dun polifacético músico punk de Matamá co sobrenome máis habitual de Arremecághona.
Comeza por
M
Comezou na música máis tradicional e, sen abandonala en ningún momento, chegou á súa fusión coa electrónica, con propostas musicais moi recoñecidas internacionalmente. Ten discos como Déixaas, Sós, Sihá, Ajrú ou Isué.
Comeza por
N
Grupo rock da Estrada activo ata 2019 que, coa voz de Jasper, fixo Cancións de amor e liberdade, sempre facendo Cultura crítica para dicir que Venceremos nós.
Comeza por
O
Grupo que comeza cun artigo. Partiron de Lamatumbá para facer cumbia, fusión e música festeira, en galego, e desde Ourense! Ensínannos que Así se constrúe unha bomba e tamén nos cantan Quérote máis!
Comeza por
P
Músico infantil que emite desde Radio Bulebule para berrar Brinca vai! e, en galego, Meu o mundo é!
Comeza por
Q
Grupo de música folk activo ata 2016 que nos deixou Coa lingua de fóra, a través da voz de Guillerme Inácio Costa e con músicos do Incio e das Rías Baixas.
Comeza por
R
Rock do país desde Aríns, en Santiago. Banda consolidada, liderada por Vituco Neira, que mestura sons máis tradicionais e letras reivindicativas. Son uns Xigantes que van Na fura de diante para berrar Non temos medo! E si, esta canción non é comercial, pero a nós dános igual.
Comeza por
S
Cantora que anda Admirando a condición Co xenio destrozado para Tronzar os valos e Opoñerse á extinción. Ultimamente quere Liberar as arterias coa Rabia ao silencio.
Comeza por
T
Trío de pandereteiras (Aida, Olaia e Sabela) que está a revolucionar o folk galego nos últimos anos.
Comeza por
U
A madriña da canción galega, desde a tradicional ata a música de autoría, e cunha vintena de discos publicados. Participante en múltiples proxectos, na actualidade, tamén infantís, como María Fumaça.
Comeza por
V
Dous mozos (Fer e Berto) que están facendo música que faga bailar por Puro ocio, que están Rebolando x ti e que din Oie gayego.
Contén
W
Consolidado colectivo hip hop orixinario de Ordes con discos como Xénese, Humanose ou O ciclo da serpe...
Comeza por
X
Púxolle voz a Rumbadeira, aCadaCanto, Berrogüetto, Arrolos de salitre... Este músico, sempre activo, agora sobe aos escenarios acompañado das Adufeiras de salitre.
Contén
Y
Conten o -y-: Dúo de trap. Pioneiros deste xénero en galego, e que lles cantan desde ás Leiraz ou ao Cola-Cao ata a Diego Tristán.
Comeza por
Z
Os decanos do rock en galego que, desde Cerceda e coa voz de Bocixa, levan xa máis de 30 anos compoñendo, publicando discos e facendo concertos por todo o país.
|