Aparello excretorVersión en línea Test sobre o aparello excretor, centrándose no sistema urinario. por Ledicia Santos 1 Cal é a función do aparello excretor? a Transportar nutrientes procedentes da dixestión e sustancias de refugallo. b Eliminar sustancias de refugallo producidas no metabolismo. c Expulsar o osíxeno que proven da respiración celular. 2 Nos riles distinguimos: a Codia, médula, pelve renal e vasos sanguíneos b Codia, médula, pelve renal e uréteres c Codia, médula, pelve renal, vasos sanguíneos e uréteres 3 Onde ten lugar a formación dos ouriños? a Na codia dos riles b Na pelve renal c Nos nefróns 4 Que representa cada número? Escribe o nome. Resposta escrita 5 A partir de que procesos ten lugar a formación dos ouriños? citaos por orde a Filtración, reabsorción, secreción b Absorción, expusión, filtración c Filtración, secreción, reabsorción 6 A función dos uréteres é a Conducir e impulsar a urina cara á vexiga grazas ás contraccións da musculatura das súas paredes. b Formar os ouriños por medio dos procesos de filtración, reabsorción e secreción. c Expulsar os ouriños ó exterior. 7 A filtración consiste en a Transportar nutrientes procedentes da dixestión e sustancias de refugallo. b Paso de sangue dende os capilares ó interior da cápsula de bowman c Paso de plasma sanguíneo dende os capilares ó interior da cápsula de bowman 8 A reabsorción é a Un proceso que ten lugar no túbulo contorneado proximal e que continúa na asa de Henle e no túbulo contorneado distal que consiste no paso de sustancias útiles (glicosa, aminoácidos...) do túbulo ó sangue b Un proceso que ten lugar no túbulo colector no que sustancias químicas nocivas se incorporan ó túbulo para ser expulsadas c Un proceso que ten lugar no túbulo contorneado proximal e que continua na asa de henle e no túbulo contorneado distal e que consiste na absorción de sustancias útiles, coma glicosa e aminoácidos, do sangue cara ao túbulo 9 Algunhas das enfermidades asociadas ó sistema urinario son: Escolle unha ou máis respostas a Cistite, calculos renais e insuficiencia respiratoria b Cálculos renais, cistite e insuficiencia renal c Cistite, cálculos renais, ictus e insuficiencia renal 10 Que representa cada número? Escribe o nome. Resposta escrita