Nesta actividade os/as cativos/as terán que atopar a palabra pola que se lle pregunta
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
R
S
T
V
X
Empieza por
A
Insecto que vive nas colmeas e produce mel
Empieza por
B
Mamífero cas orellas grandes, parecido a un cabalo
Empieza por
C
Mamífero perisodáctilo da familia dos équidos, de orellas pequenas e de longa crina no pescozo e no rabo, que se utiliza fundamentalmente como montura.
Contiene la
D
Ave da familia dos fasiánidos de tamaño mediano, de cor parda na parte superior, peteiro e patas vermellas, colar negro, peito cinsento, con franxas brancas e avermelladas nos laterais, que vive no chan e camiña e incluso corre con lixeireza.
Empieza por
E
Árbore da familia das mirtáceas orixinaria de Australia e da que existen moitas especies, de folla perenne con característica forma de gadaña.
Empieza por
F
Árbore da familia das moráceas, de follas grandes e lobuladas e madeira clara que racha con moita facilidade, que dá como froito o figo.
Empieza por
G
Mamífero carnívoro da familia dos félidos, doméstico.
Empieza por
H
Calquera planta de talo tenro, xeralmente anual, da que existen numerosas variedades.
Empieza por
I
Pequeno animal invertebrado co corpo dividido en cabeza, tórax e abdome, de respiración traqueal, que sofre metamorfose no seu desenvolvemento e que posúe un par de antenas e tres pares de patas, e ás na maior parte das especies.
Empieza por
L
Árbore da familia das lauráceas, de copa baixa, follas perennes, lanceoladas e coriáceas, moi empregadas como condimento, e froito en baga.
Empieza por
M
Pequena árbore de xardín, de follas caducas ovadas e brillantes e grandes flores brancas ou rosadas que aparecen antes ca as follas.
Empieza por
N
Árbore da familia das xuglandáceas, de grande altura e madeira moi apreciada, coas follas imparipinnadas, flores masculinas en amentos e femininas solitarias ou agrupadas, que ten por froito a noz.
Empieza por
O
Mamífero ruminante de tamaño medio da familia dos bóvidos, que ten o corpo cuberto de la.
Empieza por
P
Cría dunha ave, en particular a da galiña.
Empieza por
R
Pequeno roedor da familia dos múridos, de cor gris ou parda e rabo delgado e longo, do que existen diversas especies, algunhas delas propias das casas e outras do campo.
Empieza por
S
Réptil da familia dos emídidos, do que existen varias especies, que en Galicia hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive, e se alimenta de insectos, vermes e moluscos.
Empieza por
T
Réptil da orde dos quelonios, co corpo cuberto por unha coiraza de material córneo, do que existen numerosas especies que difiren moito no seu tamaño, e poden ser terrestres ou de auga doce, de andar moi lento, ou mariñas, de gran tamaño e coas extremidades adaptadas para a natación.
Empieza por
V
Mamífero da suborde dos ruminantes, femia do boi, que se cría para aproveitarlle o leite, a carne e a pel.
Empieza por
X
Mamífero salvaxe da familia dos súidos moi semellante ao porco doméstico, de pelame mesto e forte, cor escura, gris ou negra.
|