As plantasVersión en línea Test sobre o que aprendemos o pasado martes sobre "As plantas". por Uxía López Moreira 1 Que necesitan as plantas para realizar a fotosíntese? a Auga, sales minerais, enerxía solar e dióxido de carbono. b Auga, terra e sol. c Auga, sales minerais, e osíxeno. d Auga, sales minerais, enerxía solar e osíxeno. 2 Que expulsan as plantas ao realizar a fotosíntese? a Dióxido de carbono. b Osíxeno. c Auga. d Ningunha das anteriores. 3 Cal das seguintes oracións é falsa? a As plantas son os produtores dos ecosistemas. b A fotosíntese é un proceso fundamental para a vida no planeta. c Coa fotosíntese as plantas realizan a función de reprodución. d As plantas fabrican o seu propio alimento. 4 As plantas son seres vivos ou seres inertes? a Seres inertes porque non se desprazan. b Seres vivos porque están formadas por células animais. c Seres inertes porque só compren a función de nutrición e reprodución, non se relacionan. d Seres vivos porque realizan as tres funcións vitais e están formadas por células. 5 A raíz das plantas sérvelles para: a Suxeitarse no solo. b Desprazarse. c Absorber auga e sales minerais da terra. d A primeira e a terceira son correctas. 6 O froito das plantas: a Protexe a semente. b É o órgano reprodutor. c É o órgano encargado de fabricar o alimento. d Serve como transporte de substancias. 7 Sinala a oración correcta: a O talo das árbores é herbáceo. b O talo das plantas herbáceas é leñoso. c Os arbustos e as árbores son plantas de moita altura. d A vida media dunha árbore é maior ca dunha planta herbácea. 8 Se comemos unha leituga, que parte da planta estamos comendo? a As súas follas. b A súa raíz. c A súa flor. d O seu froito.