o audiovisual galegoVersión en línea vemos algúns conceptos relacionados co audiovisual por Carme Saborido Paz A C E F G L M N O P Q R S T U X Z Comeza por A conxunto de obxectos que aparecen en escena Contén C Persoa que asiste a un espectáculo. Comeza por E Centrar e facer que apareza con precisión no visor dunha cámara [o obxecto que se quere fotografar ou filmar]. Comeza por F Cada unha das imaxes dunha película de cine que, proxectadas sucesivamente, dan a impresión de movemento. Comeza por G persoa que escribe o texto que contén o desenvolvemento dunha película Comeza por L Profesional da radio ou da televisión encargado de ler as noticias, anunciar e presentar os programas etc. Comeza por M Aparello eléctrico que transforma os sons en vibracións eléctricas e pode transmitilos e amplificalos. Contén N Cada unha das partes en que se dividen os actos dunha obra de teatro e nas que actúan os mesmos personaxes. Contén O Home que desempeña un papel nunha obra teatral ou cinematográfica. Comeza por P Persoa que organiza e financia unha obra cinematográfica, discográfica etc. Contén Q Instrumento composto de dúas pezas ou pranchas de madeira articuladas mediante unha bisagra, unha das cales serve de soporte a un pequeno taboleiro onde se anotan as principais indicacións técnicas que permiten identificar cada plano que se filma. Contén R Persoa que aparece en escena, soa ou formando parte dun grupo, nunha obra teatral ou cinematográfica, de maneira ocasional e sen intervir nos diálogos. Contén S Persoa imaxinaria que figura nunha obra de teatro, novela, filme etc. Contén T persoa que elabora o debuxo ou deseño que serve de modelo para confeccionar roupa ou para representar traxes e complementos de moda. Contén U Aparello que, aplicado ao oído, permite escoitar o son dunha radio, ou dun instrumento similar, sen que os demais o oian. Contén X Proceso mediante o cal se substitúe a lingua da fita sonora dun filme por outra diferente da orixinal, procurando que nos diálogos se produza a sincronización total dos labios dos actores. Contén Z Muller que desempeña un papel nunha obra teatral ou cinematográfica.