Canto sabes da Unión Europea?
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
Ñ
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Empieza por
A
País Europeo do Walz, de Strauss e de Mozart que foi gañador de Eurovisión en 2014 coa primeira gañadora Trans “Conchita Wurst” como cantante.
Empieza por
B
O Parlamento Europeo ten a sua sede nunha cidade en que se adoita degustar mexilóns con patacas fritas mentres se bebe cervexa mirando para o Manneken Pis...
Empieza por
C
País máis oriental de tódolos estados membros da Unión Europea e en cuxa bandeira podemos ver o mapa do propio país.
Empieza por
D
País da Unión Europea coa bandeira máis antiga do mundo. Aquí se inventaron os Legos, foi o primeiro país en aprobar as unións matrimoniais entre persoas do mesmo sexo e é líder mundial en enerxía renovable eólica. Non usa o Euro como moeda.
Empieza por
E
Que país europeo, con capital en Liubliana, é famoso polo lago de Bled e por ter sido parte da antigua Iugoslavia?
Empieza por
F
Que país escandinavo membro da UE dende o 1995 comparte 1340km de fronteira terrestre con Rusia?
Empieza por
G
Que país, considerado como o berce da democracia e da filosofía occidental, ten unha capital adicada á deusa Atenea?
Empieza por
H
País europeo cuxa capital son dúas cidades divididas polo río Danubio, e que é coñecido polos baños termais, a tradición gastronómica e tamén polo viño Tokaj?
Empieza por
I
País que viu nacer a U2, Oscar Wilde e a James Joyce, famoso polo milagre económico “The Celtic Tiger” ao converterse en sede europea de grandes multinacionais como Amazon ou Apple.
Empieza por
J
Que produto típico español elaborado a partir de carne de porco curada é considerado un emblema gastronómico de Europa?
Empieza por
K
Apelido do escritor máis famoso da literatura do absurdo, nacido en Praga, capital da República Checa, que escribiu obras como “O Proceso” ou a “Metamorfose”?
Empieza por
L
Que país báltico, no que se atopa a cascada máis ancha de todo Europa, ten por capital Riga?
Empieza por
M
Hai un país Europeo que non ten ningún lago, río, regato… polo que toda a auga de consumo doméstico provén de auga filtrada do mar. Este país insular da UE, situado no mar Mediterráneo, é un dos máis pequenos do continente…
Empieza por
N
Cal é a capital de Chipre, unha das cidades máis antigas de Europa, xa que leva sendo poboada dende a idade de bronce?
Contiene la
Ñ
País que se adheriu á UE xunto con Portugal no ano 1986.
Empieza por
O
Cal é o festival alemán celebrado en Múnich dende 1810, famoso pola cervexa, a comida bávara e a vestimenta e música tradicional?
Empieza por
P
Cidade das luces europea, sede dos últimos Xogos Olímpicos e da película “Ratatouille”.
Empieza por
Q
Tipo de tarta salgada de orixe francesa, que consiste nunha base de pasta sobre a que se pon unha mestura de ovos, leite e outros ingredientes, e que se coce ao forno.
Empieza por
R
De que cidade dos Países Baixos procedía o humanista Erasmo, que da nome aos programas Europeos de mobilidade estudiantil?
Empieza por
S
Palabra que etimoloxicamente significa “Sabidoría”, e que coincide co nome da capital de Bulgaria, o país en que naceu o alfabeto cirílico.
Empieza por
T
Estonia é un dos países co aire máis limpo do mundo, é o mellor país do mundo para facer sendeirismo. A súa capital foi designada Capital Verde Europea no 2023. Como se chama a capital de Estonia?
Empieza por
U
Siglas da European Union (EU) en lingua española
Empieza por
V
Cal é a capital polaca, que foi arrasada polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial, xa que o 90% da cidade tivo que ser reconstruido…
Empieza por
W
Bebida de malta fermentada tradicional dos países da esfera anglosaxona, entre eles Irlanda, e cuxo nome significa etimoloxicamente “Auga de Vida”.
Contiene la
X
País máis rico de Europa, coa terceira renda per cápita máis alta do mundo, no que votar é obligatorio, e que leva moitos anos sen ter casos de corrupción política.
Empieza por
Y
Que elaboración láctea típica na gastronomía de Grecia e dos Balcáns comeza con Y nas suas linguas de orixe?
Empieza por
Z
Capital do país balcánico que viu nacer a Luka Modrić ou Rakitić, e que ten a cidade de Dubrovnik como destino turístico máis famoso.
|