As respostas están escondidas nos poemas. Deberás indicar en cal o atopaches (pode
aparecer en máis dun texto).
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
Ñ
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por
A
Claridade que precede á saída do Sol. Amañecer.
Comeza por
B
Calquera animal de pequeno tamaño, de corpo brando, que se cría na carne, na
froita etc., e en xeral, calquera animaliño.
Comeza por
C
C:Paxaro pequeno da familia dos aláudidos do que existen distintas especies, de cor
castaña escura e co papo, peito e ventre brancos, que se alimenta de grans e insectos, adoita
facer o niño no chan e emite o seu canto melodioso mentres voa.
Comeza por
D
Quitar os pétalos a [unha flor] pouco a pouco.
Comeza por
E
Que perdeu a humidade que tiña.
Comeza por
F
Líquido acedo e algo viscoso, de cor tirando a verde ou amarela, segregado polo
fígado, que actúa no curso da dixestión.
Comeza por
G
Instrumento músico de corda cunha caixa de madeira en forma oval, máis estreita
no centro e cun orificio por riba do cal pasan as seis cordas que se suxeitan e se tensan no
extremo do mastro.
Comeza por
H
[Cousa] que causa ou causou a morte de alguén.
Contén
I
Insecto da orde dos ortópteros, saltador, duns tres centímetros de tamaño e de
cor negra, que se caracteriza porque o macho produce un son monótono ao fretar os élitros.
Contén
L
Póla pequena con follas, cortada dunha árbore ou arbusto.
Comeza por
M
Ruído pouco intenso, como o producido polo movemento das augas, as follas ao
seren movidas polo vento, as voces de varias persoas que falan á vez etc.
Comeza por
N
Medida de capacidade para líquidos equivalente a medio litro.
Contén
Ñ
Paxaro da familia dos hirundínidos, coa parte superior de cor negra azulada, a
inferior branca e a testa e a gorxa vermellas, ás rematadas en punta e cola gallada.
Contén
O
Sentimento de tristeza no ánimo, producido por un desengano ou un suceso
adverso.
Comeza por
P
Sufrimento moral producido por un suceso adverso, un desengano etc.
Contén
Q
Que se encontra nun estado de ansiedade ou temor por algo.
Comeza por
R
Instrumento de diversas formas e sistemas de funcionamento, que mide o paso do
tempo e indica a hora que é.
Comeza por
S
Música que se executa pola noite, na rúa, baixo a ventá da persoa á que se dedica.
Comeza por
T
Gran sufrimento físico ou moral. (en plural)
Contén
U
Elemento químico metálico de cor amarela brillante. O seu símbolo é Au.
Comeza por
V
Conxunto de palabras que constitúe unha unidade en si mesma seguindo unhas
regras de ritmo, rima, número de sílabas etc., que se corresponde polo xeral cunha soa liña
do texto poético. (en plural)
Contén
X
Arbusto espiñento da familia das leguminosas, de follas alternas cando é
novo, que logo son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, do que existen varias
especies en Galicia.
Comeza por
Z
[Insecto, vento etc.] producir un ruído xordo e continuo.
|