T.11 - Lingua GalegaVersión en línea Vocabulario do tema 11. por Leticia Cid Couce A B C D E F G H I L M N Ñ O P Q R S T U V X Z Empieza por A Paxaro coa parte superior de cor negra azulada, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas, ás rematadas en punta e cola gallada. Empieza por B Comer ata fartar. A súa frase feita é "encher o ..." Empieza por C A esencia, o que ten máis substancia dunha cousa. Empieza por D Actitude que unha persoa adopta con outra á que non considera merecente da súa atención. Desprezo, indiferenza. Empieza por E Sitio chan próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc. Empieza por F Estilo musical que inclúe as cancións tradicionais, as inspiradas no folclore e outras orixinais, xeralmente de carácter contestatario Empieza por G Home aposto e atractivo. Empieza por H Cada unha das vinte e catro porcións de tempo en que convencionalmente se divide o día. Empieza por I Imaxe que na pantalla dun ordenador presenta as distintas funcións dun programa, as cales se activan ao ser seleccionado este debuxo ou imaxe mediante o rato ou o cursor. Empieza por L Luz do Sol reflectida pola Lúa, que ilumina a Terra durante a noite. Empieza por M Pupila. Empieza por N Período de tempo que vai desde a posta ata a saída do Sol. Contiene la Ñ A todo ........ lle chega o seu San Martiño. Empieza por O Pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión. Castrelo, lomba. Empieza por P Parte de atrás do barco, oposta á proa. Empieza por Q Adquirir calor, entrar en calor. Empieza por R Persoa natural ou habitante de Rianxo. Empieza por S Hora en que o Sol se pon, e feito de ocultarse este no horizonte. Crepúsculo, ocaso. Empieza por T Interrupción temporal dun padecemento ou traballo. Empieza por U Aplicar o sentido do olfacto para percibir o olor de algo. Empieza por V Pasar a noite en .... significa non durmir. Contiene la X Sentimento de pena ou mágoa que produce o sufrimento ou os males alleos e que leva a tratar de evitalos. Contiene la Z Xénero musical de orixe afroamericana caracterizado principalmente pola improvisación e pola variedade do ritmo, que se toca en grupos nos que interveñen a batería, o saxo, a trompeta, o contrabaixo, etc.