Ir a fonte limpaVersión en línea fraseoloxía do galego por Juan Carlos Montejano Lois No traballo onte montouse un bo lío entre dous compañeiros: un acusaba ao outro de andar murmurando del ás súas costas diante do xefe. Adela E chegou a cousa a máis? Lois Eu intervín para calmalos e díxenlles que cando hai un conflito o que hai é que tender pontes, non pelexarse. E que cando queres saber algo, hai que ir a fonte limpa.