Habelas de moito pendelloVersión en línea Fraseoloxía do galego por Juan Carlos Montejano Elisardo Onte disque Manuel e Pepe se atoparon na praza e discutiron, estivo a punto de haber unha de moito pendello. Lois E que pasou ao final? Elisardo Que Pepe ameazouno cun pau e Manuel botou a correr, cando se deron conta ía na casa do demo.