RULETA DÍA DO LIBRO 4ºB Versión en línea Ruleta feita polo alumnado de 4ºB do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral no curso 21/22 para conmemorar o Día do Libro. Nela atoparás personaxes, novelas, lugares... Anímaste a resolvela? por Patricia Pena Barbeito A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z Contiene la A Princesa do mar, medio pez medio humana que salvou ao príncipe dunha tronada. Empieza por B Princesa á que lle gusta ler e coñece a unha besta nun castelo encantado. Empieza por C Princesa que ten unha madrastra malvada. Ás 12:00 h esa princesa perde algo... Empieza por D Que recolle o Rato Pérez no seu libro? Empieza por E Nome da protagonista dun libro de Ledicia Costas que vai dunha cociñeira defunta. Empieza por F Adxectivo dun parrulo dun conto moi famoso. Antónimo de guapo. Empieza por G Animal mamífero que lle quere comer o biscoito a Cocorico. Contiene la H Nome da protagonista dun libro que se avergoña dos seus poderes. Tamén se di cando dúas persoas din a mesma palabra á vez. Empieza por I Lugar onde agachan normalmente os tesouros os piratas. Empieza por J Nome do autor do Diario de Greg Empieza por K Nome dunha nena moi aventureira que tiña un libro de maxia. Empieza por L Animal con fame de Carapuchiña. Empieza por M Lugar polo que navega Nena no libro de Erica Esmorís. Empieza por N Personaxe dun cómic manga que é un ninja. Empieza por O Os piratas levan os seu cofres cheos de moedas de.... Empieza por P Nome do autor dos contos dos Bolechas. Empieza por Q Alimento que o corvo leva no pico e lle cae ao raposo na cabeza na famosa fábula. Empieza por R Apelido da autora da saga de Harry Potter. Contiene la S Apelido do autor do libro Poemas birollos para ler cos ollos de nome Fran. Empieza por T Parte dun castelo. É onde estaba atrapada a princesa Rapunzel. Contiene la U Relato protagonizado por animais que ten ao final unha moralexa. Empieza por V Animal mamífero que puxo un ovo do que saiu un pito que dixo: muuu! Empieza por W Nome do escritor do libro "Romeo e Xulieta". Empieza por X Nome do escritor galego de apelidos Neira Vilas e que escribeu Memorias dun neno labrego. Empieza por Y Nome da protagonista dun comic manga de seis ou sete anos, co pelo verde, catro coletas e moi graciosa. Empieza por Z Cousa que levan nos pés unhas nenas que teñen un club. Son de cor vermella.