AS PLANTASVersión en línea Repaso de todo o aprendido sobre as plantas por Mercedes Fernandez 1 As plantas: a reciben o seu alimento. b teñen sentidos. c teñen raíz, talo, tronco e follas. d teñen raíz, talo e follas. 2 Que é a vexetación dunha zona? a É o conxunto de seres vivos dun lugar. b É a cantidade de plantas que hai nunha zona. c É o conxunto de plantas que hai nunha zona e están adaptadas para sobrevivir nese lugar. d É o que vemos pola ventá. 3 A raíz: a Mantén ergueita a planta. b Recolle o dióxido de carbono. c Suxeita a planta e absorve auga e sales minerais. d Expulsa osíxeno. 4 O talo: a Suxeita a planta ao solo. b Mantén ergueita a planta. c Realiza a fotosíntese. d Recolle auga e sales minerais. 5 As follas: a Suxeitan a planta ao solo. b Mantén ergueita a planta. c Toman dióxido de carbono, auga e sales minerais para realizar a fotosíntese. d Transportan auga e sales minerais. 6 Cal é a parte feminina da flor? a O cáliz. b A corola. c Os estames. d O pistilo. 7 E a parte masculina? a O cáliz. b A corola. c Os estames. d O pistilo. 8 De que está formada a corola? a De varias folliñas de cores, os pétalos. b De varias folliñas de cor verde, os sépalos. c De óvulos. d De pole. 9 Que parte protexe a planta antes de que se abra? a Os óvulos. b O pole. c O cáliz. d A corola. 10 Para que haxa froito é necesario... a que a planta teña sementes. b que a planta leve pole. c que o pole doutra flor chegue aos seus estames. d que o pole doutra flor chegue ao seu pistilo.