Rosalía de CastroVersión en línea Día de Rosalía por mar mosquera A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Figura retórica que consiste en repetir o mesmo son en varias palabras. Comeza por B Lugar onde están situadas unhas campás, as cales ao escoitar a voz poética sente soidades. Comeza por C Primeira obra publicada por Rosalía en 1863. Comeza por D Celebración da data na que Rosalía publicou Cantares gallegos Comeza por E Desprazamento de poboación para establecerse fóra do lugar de orixe. Comeza por F Pseudónimo da persoa a quen Rosalía adicou o libro Cantares gallegos. Contén G Adxectivo explicativo co que Rosalía cualifica a sombra. Comeza por H Verso de once sílabas que se pode encontrar na poesía de Rosalía. Contén I Tendencia literaria e artística que trata temas de carácter íntimo e sentimental. Comeza por L Sociedade cultural frecuentada por Rosalía. Comeza por M Apelido do nome do marido de Rosalía de Castro. Contén N Lugar onde se atopa a casa de Rosalía de Castro. Contén O Aldea na que se cría Rosalía cunha tía paterna. Comeza por P Apelido do autor do Rexurdimento considerado o bardo. Contén Q Profesión desempeñada por Murguía á fronte dun arquivo. Comeza por R Movemento cultural, social e literario que sinala o inicio da recuperación da literatura galega tras os Séculos Escuros. Comeza por S Crítica ou denuncia que realiza a poeta sobre problemas que afectan á sociedade. Comeza por T Apelido do poeta santanderino no que se inspira Rosalía para escribir Cantares. Contén U Primeiro apelido do autor do Rexurdimento que publicou Aires da miña terra. Comeza por V Nome do primeiro libro de Follas Novas. Contén X Movemento cultural que apoiou intelectualmente o Rexurdimento. Comeza por Z Denominación da castaña con pel que lle ofrecen á meniña gaiteira no poema inicial de Cantares.