Os ecosistemas Versión en línea Actividad de tipo test para repasar os aspectos máis importantes dos ecosistemas. por Santiago Alonso Bernal De Sousa 1 Cales son os compoñentes básicos dun ecosistema? a Biótopo e biocenose b A presión e a luz c Os biomas e os ecotóns d O bosque e a sabana 2 Que é a biocenose? a Os límites entre ecosistemas. b O ecosistema que abrangue toda a Terra c O conxunto de seres vivos dun ecosistema e as súas relacións. d O conxunto de seres vivos e factores ambientais nunha zona determinada. 3 Que é o biotopo? a As relacións entre os elementos dun ecosistema. b O lugar ou medio físico dun ecosistema e as súas propiedades físico-químicas. c A ciencia que estuda as relacións dos organismos entre sí e co medio que habitan. d O concepto que utilízase para referirse aos organismos acuáticos. 4 Que é a ecosfera? a Os ecosistemas dunha taiga. b As características dos ecotóns. c O termo para referirse aos ecosistemas terrestres. d O ecosistema que abrangue toda a Terra. 5 Que é un bioma? a O conxunto de zonas da Terra que comparten clima, vexetación, e fauna. b O termo empleado para referirse aos ecosistemas acuáticos. c Unha técnica de xeocronoloxía absoluta. d O nome dunha das capas internas da Terra. 6 A que se refire o termo "ecotóns"? a Aos volcáns submariños. b Ao conxunto de principios da xecronoloxía relativa. c Aos límites entre ecosistemas. d Á vexetación dos biomas.