Sistema circulatorioVersión en línea Responde a actividade sobre sistema circulatorio que atoparás a continuación por Sonia Bermudez Couceiro 1 Cal é o vaso sanguíneo que achega sangue ao corazón? a arteria b vea c capilar d arteríola 2 No circuíto maior, o sangue pasa da aurícula esquerda a... a ventrículo dereito e, desde aí, vai pola arteria aorta ao resto do corpo b ventrículo esquerdo e, desde aí, vai pola arteria aorta ao resto do corpo c aurícula dereita e, desde aí, vai pola arteria aorta ao resto do corpo d ningunha é correcta 3 Cando os ventrículos se dilatan ao recibir sangue das aurículas, falamos de... a diástole ventricular, no que as válvulas sigmoides están pechadas b diástole auricular, no que as válvulas sigmoides están pechadas c sístole auricular, no que as válvulas sigmoides están pechadas d diástole ventricular, no que as válvulas sigmoides están abertas 4 A patoloxía que se caracteriza por carecer de compostos para a coagulación sanguínea é... a anemia b leucemia c trombose d hemofilia 5 É función do sangue... a transportar restos metabólicos b transportar nutrientes c participar na regulación térmica d todas son certas 6 Os fragmentos celulares sen núcleo que se encargan da coagulación sanguínea son... a glóbulos brancos b eritrocitos c glóbulos vermellos d trombocitos 7 Cal é o aparato que non intervén na nutrición? a circulatorio b urinario c locomotor d respiratorio 8 Cal é a función do sistema linfático? a recolle o exceso de líquido intercelular e o devolve ao sangue b transporta os glícidos que se absorben no intestino c non intervén na defensa contra infeccións d recolle o líquido que está dentro das células 9 Por que a circulación no ser humano é dobre? a porque é completa b porque presenta dous circuítos c porque o sangue osixenado non se xunta co rico en dióxido de carbono d porque o sangue pasa dúas veces polo corazón 10 Para que serven as válvulas do corazón? a para comunicar aurícula e ventrículo b para comunicar as aurículas entre si c para comunicar os ventrículos entre si d para evitar o retroceso do sangue