A ruleta do SalónVersión en línea Divírtete na casa xogando con conceptos do Salón do Libro deste ano. Axúdate das páxinas oficias do Salón para saber máis e poder gañar. Sorte! por O Salón do Libro A B C D E F G H I K L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Sentimento co que entran as crianzas no Salón. Comeza por B Forma que ten no mapa o noso país convidado, Italia. Comeza por C Algo que facemos no baño para o que se precisa papel hixiénico. Comeza por D Pequena maqueta feita para ver dende un único punto de vista, na que ao xogar coa luz de crea movemento. Comeza por E Cociñeira defunta protagonista dunha das salas do Salón e libro de Ledicia Costas Comeza por F Envoltorio transparente que se lle pon aos libros para que non se estropeen. Non é polar. Comeza por G Animal que ten moitos dereitos en Italia. Algúns ata herdan cartos. Outros teñen Botas. Comeza por H Algo que construímos a partir duns personaxes e un chisco de imaxinación Comeza por I País convidado este ano ao Salón do Libro Comeza por K Primeiro ilustrador homenaxeado no Salón. Foi quen debuxou a Orbil por primeira vez. Comeza por L Protagonistas principais do Salón. Están por todas partes, andeis, bibliotecas. Comeza por M Boneco que se move coa axuda duns fíos. O día da inaguración había que facer que rise. Contén N Medio polo que un pai lle contaba historias á súa filla cando estaba de viaxe. Libro de Rodari. Comeza por O Mascota do Salón por excelencia Comeza por P Artista de circo, adoita levar un nariz vermello. Comeza por Q Verbo conxugado que forma parte do actual Hashtag viral que di que non podemos saír #Eu....nacasa. Comeza por R O que se nos escapa cando alguén fai un chiste ou unha broma. Comeza por S Personaxe azul que parece un ourizo extraterrestre e corre a grandes velocidades. Forma parte de libros, debuxos e videoxogos. Comeza por T Actividade que se fai dende hai dous anos no Salón que consiste no intercambio de libros. Contén U Temática deste ano do Salón do Libro. Comeza por V De que vai a pequena exposición do museo de Cangas (Muvi) que contén diferentes tipos de game boy, play station...? Comeza por X O Salón está enfocado ao ámbito infantil e .... (Colectivo da mocidade) Contén Z Alimento característico italiano que adoitaba levar 3 ingredientes con apelido Margaritta.