TEST. T7. Xenética
Pedro e Mariano son xemelgos dicigóticos e están estudando 4.º de ESO. Cando a súa profesora lles explicou a
herdanza biolóxica, decatáronse de que a fibrose cística que padece o seu pai, e a consecuencia da cal continuamente
ten problemas respiratorios e dixestivos, se debe a un alelo autosómico recesivo. Mariano, moi preocupado,
dille ao seu irmán que, posto que se trata dunha enfermidade xenética, posiblemente eles a padecerán nun
futuro.
Pedro decide saber máis sobre esta enfermidade e, consultando
a un especialista, infórmano de que se trata dunha enfermidade
potencialmente mortal que provoca a acumulación de moco espeso
e pegañento nos pulmóns, o tubo dixestivo e outras áreas
do corpo, e de que é un dos tipos de enfermidade pulmonar crónica
máis común en nenos e adultos novos. Está causada por un
xene defectuoso que leva ao corpo a producir un líquido anormalmente
espeso e pegañento chamado moco, que se acumula
nas vías respiratorias dos pulmóns e no páncreas.

Edad recomendada: 15 años
Creada por
Teba Barrio
España
Búsquedas relacionadas