Sabendo que a nai de Pedro e Mariano non padece a enfermidade e que tampouco ten antecedentes de familiares que a padezan ou a padecesen, que probabilidade teñen Pedro e Mariano de sufrila nun futuro?
A.
Ningunha probabilidade.
B.
Seguramente, polo menos un dos dous, a padecerá.
C.
1/2 de probabilidade de que os dous a padezan.
D.
Unha probabilidade de que os dous a padezan.
2.
Segundo leu Pedro, o alelo defectuoso responsable da fibrose cística é un xene autosómico. Que significa que un xene é autosómico?
A.
Que se expresa automaticamente.
B.
Que está situado nun cromosoma sexual.
C.
Que está situado en calquera cromosoma excepto nos sexuais.
D.
Que soamente se expresa cando é dominante.
3.
Millóns de persoas portan o xene da fibrose cística, pero non manifestan ningún síntoma. A que é debido isto?
A.
A que están tomando as menciñas adecuadas.
B.
A que é un alelo recesivo.
C.
A que, debido á súa levidade, algunhas veces pasa desapercibida.
D.
A que só se manifesta cando se herda da nai.
4.
Sabendo que o pai dos xemelgos dicigóticos Pedro e Mariano ten a enfermidade e que a súa muller está sa e na súa familia non constan antecedentes da enfermidade, escribe o xenotipo de cada un dos membros da unidade familiar. Chamaremos F ao alelo dominante e f ao recesivo.
Se Pedro e Mariano tivesen un irmán, cal é a probabilidade de que naza san?
A.
1
B.
0
C.
1/2
D.
2/3
6.
Outro dos motivos de preocupación de Pedro é que soubo que a rapaza que lle gusta, Sabela, tamén ten fibrose cística, aínda que nin o seu pai nin a súa nai a padecen. Completa a seguinte táboa co xenotipo da familia de Sabela.
A.
Xenotipos: Nai: Ff; Pai: Ff; Sabela: Ff
B.
Xenotipos: Nai: Ff; Pai: Ff; Sabela: ff
C.
Xenotipos: Nai: FF; Pai: Ff; Sabela: Ff
D.
Xenotipos: Nai: ff; Pai: Ff; Sabela: ff
7.
Se a relación entre Pedro e Sabela se consolidase e, xa de adultos, decidisen formar unha familia, cal é a probabilidade de que o seu primeiro fillo ou filla estivese libre da enfermidade?
A.
1/2
B.
1/3
C.
1/4
D.
0
8.
Sabela ten unha irmá, Ana, que non padece a enfermidade. Cal é a probabilidade de que Ana sexa portadora do xene da fibrose cística?
A.
1/2
B.
2/3
C.
3/4
D.
0
9.
Respecto aos avós de Mariano e Pedro, cal das seguintes frases ten máis probabilidade de ser certa?
A.
O seu avó paterno tamén tiña fibrose cística.
B.
O seu avó materno padecía fibrose cística.
C.
O avó e a avoa paternos eran portadores do alelo da fibrose cística.
D.
O avó e a avoa paternos padecían fibrose cística.
10.
A nai de Pedro e Mariano é do grupo sanguíneo 0, Pedro é do grupo sanguíneo A e Mariano é do grupo B. Deduce, con lóxica científica, cal debe ser o grupo sanguíneo do pai.
A.
A
B.
B
C.
AB
D.
0
11.
Na clase de Bioloxía e Xeoloxía tamén lles explicaron a teoría cromosómica da herdanza; agora están estudándoa na casa e constrúen unha táboa de verdadeiro/falso como a que ves a continuación.Cales das seguintes frases son verdadeiras cando estamos falando da teoría cromosómica da herdanza.
A.
Foi Mendel quen en 1910 propuxo a teoría cromosómica da herdanza.
B.
Dicimos que dous xenes están ligados cando os seus loci están no mesmo cromosoma.
C.
Cando dous xenes ligados non se herdan xuntos é porque se produciu algún entrecruzamento entre as cromátides irmás.
D.
Cando o locus dun determinado xene reside no cromosoma X, dicimos que ese xene está ligado ao sexo.