Crear
Descargar
Obtener Plan Académico
Compartir juego
Ruleta de Palabras
Ruleta de Palabras

O rosco da gastronomía galega

Intégralo en tu plataforma

Puedes integrar el juego en un LMS compatible con LTI 1.1 o LTI 1.3 como Canvas, Moodle, o Blackboard. De esta manera podrás guardar las puntuaciones automáticamente en el libro de calificaciones de esa plataforma.
Descargar
Has superado el número máximo de juegos que puedes integrar en Google Classroom con tu Plan actual.

Para integrar tantos juegos como quieras en Google Classroom, necesitas un Plan Académico o un Plan Comercial.

Has superado el número máximo de juegos que puedes integrar en Microsoft Teams con tu Plan actual.

Para integrar tantos juegos como quieras en Microsoft Teams, necesitas un Plan Académico o un Plan Comercial.

La descarga de juegos es una característica exclusiva para usuarios con un Plan Académico o un Plan Comercial.

Obtén ahora tu Plan Académico o Comercial y comienza a integrar tus juegos en tu LMS, web o blog.

Si lo deseas, puedes descargar un juego de prueba aquí y probar su integración:

O rosco da gastronomía galega

Ruleta de Palabras

(3)
Jugadas 31

Sobre esta actividad

A través deste rosco ou ruleta de palabras, os nenos deberán adiviñar a palabra ou palabras que se agocha(n) tras cada definición. Nalgúns casos tamén pode tratarse dunha imaxe. Cada palabra inclúe ou comeza por unha letra do alfabeto.

Creada por

España

Descarga la versión para jugar en papel

Crea tu propio juego gratis desde nuestro creador de juegos
Compite contra tus amigos para ver quien consigue la mejor puntuación en esta actividad

Top juegos

%
%
%
%
Has superado el número máximo de juegos que puedes imprimir con tu Plan actual.

Para imprimir tantos juegos como quieras, necesitas un Plan Académico o un Plan Comercial.

Imprime tu juego
 
game-icon

O rosco da gastronomía galegaVersión en línea

A través deste rosco ou ruleta de palabras, os nenos deberán adiviñar a palabra ou palabras que se agocha(n) tras cada definición. Nalgúns casos tamén pode tratarse dunha imaxe. Cada palabra inclúe ou comeza por unha letra do alfabeto.

por Miriam Zorelle Pinto
A
B
C
D
E
F
G
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Comeza por B

Peixe da familia dos gádidos, de ata un metro e medio de tamaño, propio de mares fríos, de pel verdosa con manchas castañas claras no dorso, moi apreciado pola súa carne, que adoita conservarse salgándoa e secándoa.

Comeza por C

Froito da cabaceira, comestible, de gran tamaño e forma redonda, de cor amarelo ou laranxa, con moitas sementes no seu interior. Asóciase ao Halloween ou Samaín.

Comeza por D

Produto alimenticio que leva na súa composición fundamentalmente azucre ou mel.

Comeza por E

É aos galegos o que a pizza aos italianos. Xunto co pulpo á feira é o prato máis universal da gastronomía galega. Os seus recheos son do máis variado: hainas de atún, de carne, de bacallau, de zorza, de zamburiñas...

Comeza por F

Todo un estandarte da gastronomía galega. Son parecidas ás crepes, pero, a diferencia destas, non levan manteiga. Os ingredientes básicos son leite, fariña, ovos e unha piza de sal. E canto máis finas mellor. Pódense atopar recheas de crema, chocolate, nata. Cando se fai a matanza do porco, é moi típico engadir sangue do porco a estas.

Comeza por G

Verdura moi típica de Galicia. A súa preparación estrela é con lacón. A este prato tamén se lle adoitan engadir unhas patacas cocidas e chourizo.

Contén I

Son un doce seco e azucrado moi típico das zonas de Ponteareas, Allariz, Melide. Son como rosquiñas glaseadas con almíbar, que ao enfriarse se endurece e lles dá esa característica cor branca por enriba da masa.

Comeza por L

Postre moi tradicional en Galicia e algo difícil de cociñar. As avoas son expertas en preparalo. Elabórase con fariña, azucre e leite aromatizado con limón e canela. Unha vez solidificado, córtase en cuadriños, rebózase e frítese.

Comeza por M

Comeza por N

Froito da nogueira, que consta dunha parte carnosa e comestible, a semente, e dunha casca leñosa e dura dividida en dúas metades.

Comeza por O

Membro da cabeza do porco servido con aceite e pimentón. Tamén se chama así ao postre típico, que consiste nunha masa fina e fritida con sabor a anís. En Galicia son moi típicas da época de Entroido.

Comeza por P

Comeza por Q

Comeza por R

Lombo de porco adobado con allo e perexil e ás veces un pouquiño de pimentón. É unha das tapas máis adoradas polos galegos. É moi saboroso. Sérvese en cachiños pequenos de carne, similares aos da zorza.

Contén S

Comeza por T

Comeza por U

Graxa branca que cobre o intestino do porco. Despois de extraela, sazónase con sal gorda, afúmase e déixase repousar para que adquira esa característica cor amarela típica.

Comeza por V

En Galicia existen cinco denominacións de orixe desta bebida, coñecida pola súa variedade e calidade: Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei.

Comeza por X

É como chamamos comunmente ás sardiñas, un peixe moi consumido en Galicia. Témoslle tanto cariño que é habitual chamarlles "xoubiñas", en plan máis cariñoso.

Comeza por Z

Carne do lombo do porco coa que se rechean os chourizos e que vai adobada con allo, pimentón e algunha outra especia. Hoxe en día sérvese como prato principal acompañada de abundantes patacas fritidas, pero tamén é moi habitual que poidas pedir un bocadillo ou unha empanada dela. Témola en todas partes!!