Froggy Jumps
Traballamos o vocabulario relacionado co tema do clima
1
É o conxunto de condicións que ten a atmosfera nun lugar da Terra ao longo duns trinta anos.
2
Indícannos se vai frío ou calor, e exprésanse en graos Celsius (ºC)
3
É un instrumento que sirve para medir as temperaturas.
4
Son a cantidade de auga que se recolle cada día. Poden ser chuvia, neve ou sarabia.
5
É un instrumento que empregamos para medir as precipitacións.
6
Canto máis nos alonxamos del, as temperaturas van descendendo.
7
Os climas Mediterráneo, Oceánico e Continental pertencen aos climas...
8
Os climas ecuatorial, tropical seco e desértico pertencen aos climas...
9
Os climas polar e de alta montaña pertencen aos climas...
10
Ten chuvias escasas e temperaturas altas no verán.
11
Chove moito, e as temperaturas son suaves. A súa vexetación son bosques e pradarías.
12
Os invernos son fríos e os veráns, cálidos e con chuvias. Hai bosques de taiga e estepas.
13
Vai calor e hai moita humidade porque chove moito. Por iso medran selvas.
14
As chuvias só se dan nunha estación, e a vexetación non é densa, como sucede na sabana.
15
Apenas chove e medra moi pouca vexetación, como palmeiras ou cactos.
16
Vai moito frío todo o ano, chove pouco, e adoita ser en forma de neve. Apenas medra vexetación, úicamente tundra, con musgo e herbas.
17
Neste clima vai moito frío, pero teñen frecuentes precipitacións.
18
En Galicia, Asturias, Cantabria... o clima é:
19
En Castela e León, Madrid, Castela-A Mancha e Aragón, o clima é...
20
Nas Illas Canarias o clima é...
21
As temperaturas son suaves e as precipitacións frecuentes.
22
As temperaturas son altas no verán e baixas no inverno, e as precipitacións son escasas.
23
As temperaturas son suaves todo o ano, e as precipitacións escasas.
24
As temperaturas son suaves, sen apenas cambios ao longo do ano, e as precipitacións escasas, apenas chove.
25
As temperaturas son baixas no inverno e suaves no verán. As precipitacións son abundantes.
26
Substancia que expulsan os volcáns ou a combustión de carbón ao aire, e que o contamina.
27
Está modificando as condicións das temperaturas, precipitacións e ventos dos climas da Terra.
28
O aire contaminado aumenta a cantidade de gases quee regulan a tmperatura da atmosfera e provocan un incremento de calor na Terra. Isto coñecese como...
29
Como consecuencia do efecto invernadoiro, a temperatura media do planeta está aumentando. Isto coñecese como...
30
As vagas de calor, secas prolongadas, chuvias intensas... son:
|