Froggy Jumps Inventos da naturezaVersión en línea Servizo de deseño e execución das campañas de divulgación e educación ambiental dende a Aula de natureza de Siradella (Centro de Siradella), cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3. obxectivo específico 6.3.2, actuación 6.3.2.3. por Aula da Natureza da Siradella 1 Os helicópteros foron invetados ao ver voar... a os morcegos b as libélulas c os cisnes 2 As sementes da planta coñecida como "bardana" serviu de idea para inventar.. a o alfinete b o garfo c o velcro 3 Antigamente, as basoiras facíanse empregando... a polas de eucalipto b polas de xesta c polas de toxo 4 A aspirina ten un composto que se chama ácido salicílico. Dito composto obtense... a facendo infusión de menta b da sabia dos piñeiros c da cortiza do salgueiro 5 As xiringas inventáronse ao observar... a os cabeiros dos raposos b os cabeiros dos xabaríns c os cabeiros das serpes 6 Os impermeables empréganse para evitar mollarnos cando chove. Que planta posúe ceras e graxas nas follas para non mollarse? a A folla do castiñeiro b A folla da flor de loto c A folla do freixo 7 A tela de araña empregouse para... a fabricar medias b ter atrapamoscas ecolóxicos c coser prendas de roupa 8 Algúns vendaxes conteñen unha sustancia chamada "quitina" que axudan a curar feridas máis rápido. De onde se obtén esta sustancia? a Do caparazón dos escarabellos b Da baba dos caracois c Da saliva das leiteriñas 9 Antigamente usábase a "Cola de cabalo" (Equisetum palustre) para... a Fregar a louza b Ambientar a casa c Crear bonecas 10 Para se empregaban antigamente os capuchóns das landras? a Como botóns da roupa b Como rodas dos coches de xoguete c Como dedais 11 Que se obtén da cortiza da sobreira? a Licor b Corcho c Resina 12 As luces LEDs inventáronse ao observar como emiten luz... a As medusas b As vagalumes c Os escorpións 13 Que se inventou grazas as canas que medran nas lagoas? a Bolígrafos b Dardos c Pinceis 14 Grazas as cantimploras, podemos transportar auga cando precisemos, pero as primeiras cantimploras foron... a Os cocos b As cabazas c As sandías 15 Unha marca deportiva deseñou estes bañadores grazas a observar... a a forma das patas do geco b a estrutura da pel das quenllas c as escamas das serpes 16 Os científicos observaron a forma do peteiro do picapeixe para... a facer o morro dun tren de alta velocidade b fabricar canas de pescar máis resistentes c construir un tipo de martelo percutor 17 Os inxeñeiros da Mercedes inventaron un coche inspirado... a na gaivota patiamarela b no peixe cofre c nos nudibranquios 18 Os fabricantes de coches inspiráronse nos ollos destes animais para crear algoritmos intelixentes que axudan na conducción nocturna. De que animal se trata? a Golfiños b Tartaruga c Insectos 19 A cochinilla é un escarabello que se emprega para obter tintes e colorantes cos que se fabrican... a sábanas de cama b lapis de beizos c papel de cores 20 Os investigadores inventaron un adhesivo moi forte e respetuoso co medio ambiente grazas a... a as ventosas do polbo b ás barbas do mexillón c os pés ambulacrantes das estrelas de mar 21 Os xirasois forons estudados para que este invento tamén se movese como o fan estas plantas. De que invento se trata? a Muiños de vento b Paneis solares c Turbina dos avións 22 Os morcegos e cetáceos teñen un sistema de son chamado ecolocalización. Que se inventou grazas a este sistema? a Os altavoces b Os micrófonos c Os radares