Crear juego
Jugar Test
1. 
A que grupo pertencían os creadores da prosa moderna en galego?
A.
Ao Seminario de Estudos Galegos.
B.
Ao Grupo Brais Pinto.
C.
Ao Grupo Nós.
2. 
Cal dos seguintes movementos non é propio da vangarda europea?
A.
O hilozoísmo.
B.
O futurismo.
C.
O cubismo.
3. 
A que movementos da vangarda poética galega pertenceu Álvaro Cunqueiro?
A.
Ao hilozoísmo e ao creacionismo.
B.
Ao futurismo e ao dadaísmo.
C.
Ao neotrobadorismo e ao surrealismo.
4. 
Cal dos seguintes autores non pertence á vangarda poética galega?
A.
Manuel Antonio.
B.
Fermín Bouza Brei.
C.
Antonio Noriega Varela.
5. 
Que movemento de vangarda poética galega representa Luís Amado Carballo?
A.
Neotrobadorismo.
B.
Hilozoísmo.
C.
Creacionismo.
6. 
Quen é o autor das obras Vento mareiro e No desterro?
A.
Ramón Cabanillas.
B.
Noriega Varela.
C.
Xosé María Álvarez Blázquez.
7. 
Cal destes autores non pertence ao Grupo Nós?
A.
Otero Pedrayo.
B.
Rafael Dieste.
C.
Vicente Risco.
8. 
Que xéneros literarios cultivou Ramón Cabanillas?
A.
Só teatro.
B.
Só poesía.
C.
Poesía e teatro.
9. 
Calé o título da emblemática obra de teatro de Castelao?
A.
Teatro de máscaras.
B.
Os vellos non deben de namorarse.
C.
O mariscal.
10. 
Ademais de narrativa, que outro xénero literario cultivaron Pedrayo e Castelao e Risco?
A.
Poesía.
B.
Teatro.
C.
Só escribiron narrativa.
11. 
De quen é a obra Dos arquivos do trasno?
A.
De Castelao.
B.
De Vicente Risco.
C.
De Rafael Dieste.
12. 
A que grupo de autores da narrativa pertence Rafael Dieste?
A.
Aos novecentistas.
B.
Ao Grupo Nós.
C.
Ás Irmandades da Fala.
13. 
Quen é o autor da obra O porco de pé?
A.
Vicente Risco.
B.
Otero Pedrayo.
C.
Rafael Dieste.
14. 
Quen é o autor da obra Os camiños da vida?
A.
Rafael Dieste.
B.
Castelao.
C.
Otero Pedrayo.
15. 
Quen é o autor de Cousas?
A.
Vicente Risco.
B.
Castelao.
C.
Manuel Antonio.