Literatura galegaVersión en línea Literatura galega anterior á guerra civil. por María Viturro 1 A que grupo pertencían os creadores da prosa moderna en galego? a Ao Seminario de Estudos Galegos. b Ao Grupo Brais Pinto. c Ao Grupo Nós. 2 Cal dos seguintes movementos non é propio da vangarda europea? a O hilozoísmo. b O futurismo. c O cubismo. 3 A que movementos da vangarda poética galega pertenceu Álvaro Cunqueiro? a Ao hilozoísmo e ao creacionismo. b Ao futurismo e ao dadaísmo. c Ao neotrobadorismo e ao surrealismo. 4 Cal dos seguintes autores non pertence á vangarda poética galega? a Manuel Antonio. b Fermín Bouza Brei. c Antonio Noriega Varela. 5 Que movemento de vangarda poética galega representa Luís Amado Carballo? a Neotrobadorismo. b Hilozoísmo. c Creacionismo. 6 Quen é o autor das obras Vento mareiro e No desterro? a Ramón Cabanillas. b Noriega Varela. c Xosé María Álvarez Blázquez. 7 Cal destes autores non pertence ao Grupo Nós? a Otero Pedrayo. b Rafael Dieste. c Vicente Risco. 8 Que xéneros literarios cultivou Ramón Cabanillas? a Só teatro. b Só poesía. c Poesía e teatro. 9 Calé o título da emblemática obra de teatro de Castelao? a Teatro de máscaras. b Os vellos non deben de namorarse. c O mariscal. 10 Ademais de narrativa, que outro xénero literario cultivaron Pedrayo e Castelao e Risco? a Poesía. b Teatro. c Só escribiron narrativa. 11 De quen é a obra Dos arquivos do trasno? a De Castelao. b De Vicente Risco. c De Rafael Dieste. 12 A que grupo de autores da narrativa pertence Rafael Dieste? a Aos novecentistas. b Ao Grupo Nós. c Ás Irmandades da Fala. 13 Quen é o autor da obra O porco de pé? a Vicente Risco. b Otero Pedrayo. c Rafael Dieste. 14 Quen é o autor da obra Os camiños da vida? a Rafael Dieste. b Castelao. c Otero Pedrayo. 15 Quen é o autor de Cousas? a Vicente Risco. b Castelao. c Manuel Antonio.