Crear actividad
Jugar Test
1. 
VASO:
A.
Recipiente de barro, plástico, etc. cun pequeno furado no fondo, utilizado para cultivar plantas.
B.
Recipiente, xeralmente de vidro e de forma cilíndrica, que se utiliza para beber.
C.
Peza metálica que se sitúa no remate dos fíos de cobre empregados en telefonía.
D.
Planta da familia das Compostas, utilizada no fabrico de corantes e cuxas sementes teñen propiedades medicinais.
2. 
TALHER:
A.
Lugar onde se realiza un traballo profesional de administración ou xestión de empresas, negocios, etc..
B.
Artiluxio que serve para afiar os lapis.
C.
Conxunto das tres pezas (garfo, coitelo e culler) que unha persoa pode empregar nas comidas.
D.
Lugar onde se fan reparacións, principalmente de automóbiles.
3. 
BORRACHA:
A.
Utensilio de cociña ou peza de louza, que se utiliza para servir bebidas alcohólicas. para servir.
B.
Que alterou temporalmente as capacidades físicas e mentais debido ao consumo excesivo de alcohol.
C.
Parte da casa na que se almacenan as cousas antigas que xa non se usan. Sin: faiado.
D.
Anaco de caucho ou doutra substancia elástica semellante, que se utiliza para borrar o que se escribiu ou debuxou.
4. 
ESQUISITO:
A.
Dise de quen é ou do que é extravagante, raro, pouco frecuente ou común.
B.
Dise do que ten un sabor fino e delicado.
C.
Dise da persoa de gran finura e delicadeza, que causa boa impresión.
D.
Cualificativo atribuído na xerga dos "gamers" a quen se para a ler as instrucións da Nintendo Switch.
5. 
PRESUNTO:
A.
Presente, que está agora mesmo aquí.
B.
Pata traseira do porco, salgada, curada e seca para o seu consumo.
C.
Que se presume ou semella certo. Suposto.
D.
Salsa feita con allo e vinagre coa que se condimentan as patacas cocidas.
6. 
COMBINAR:
A.
Quedar ou citarse dúas ou máis persoas a unha determinada hora nun determinado lugar.
B.
Pór dúas ou máis cousas en harmonía.
C.
Pasar o balón en certos deportes de pelota coma o baloncesto ou o fútbol.
D.
Usar ou poñer en plural. Multiplicar.
7. 
LOGRO:
A.
Engano, argucia, fraude.
B.
Acción de conseguir aquilo que se quere alcanzar por méritos propios.
C.
Animal da familia dos arácnidos con escuras, peludas e longas patas, que habita na Amazonía.
D.
Lugar destinado ao cultivo de plantas de regadío.
8. 
LENÇO:
A.
Lousa de pedra na que se inscribe o nome dunha persoa falecida.
B.
Tea preparada para pintar sobre ela.
C.
Posto de mercado artesán especializado na venda de lencería.
D.
Peza de tea ou papel coa que se asoan os mocos, se seca a suor ou se limpan a cara e as mans.
9. 
BILHETE:
A.
Impreso que acredita a posibilidade de acceso a un determinado recinto, evento ou medio de transporte colectivo.
B.
Papel impreso que representa unha cantidade de certa moeda.
C.
Peza do coche que resulta clave na activación dos mecanismos de freada.
D.
Mecanismo de tortura empregado no período medieval.
10. 
BEATA:
A.
Calzado que só ten sola e correas que ligan esta ao pé. Sandalia.
B.
Persoa a quen a Igrexa lle recoñece, despois da súa morte, que alcanzou en vida un alto grao de perfección e exemplaridade cristiá, e á que, polo tanto, se lle pode render culto.
C.
Resto que queda do cigarro tras ser fumado. Cabicha.
D.
Pan con forma de trenza que adoita elaborarse con pasas e noces.
11. 
DECOTE:
A.
Corte no vestido que deixa ao descuberto o pescozo e parte do peito.
B.
A diario, todos os días, decotío.
C.
Ferramenta de ferreiro que se usa para medir o largo (anchura) dunha peza de ferro.
D.
Especie de pinza que se utiliza para quitarlle a codia ás nécoras e así poder comer o caldo de dentro.
12. 
CHATEAR:
A.
Quedar para tomar uns viños.
B.
Provocar ou sentir enfado.
C.
Transportar materiais de construción a unha zona de obras.
D.
Falar telematicamente.
13. 
CRAVO:
A.
Peza metálica longa e delgada, cunha punta nun extremo e unha cabeza no outro, que se emprega para unir anacos de madeira entre si, para soster unha cousa a unha madeira ou á parede.
B.
Flor aromática, xeralmente vermella ou branca, cuxos pétalos teñen recortes nos seus bordos.
C.
Peza que adoita ser de madeira ou metal, decorada ou non, que se utiliza para enmarcar fotos.
D.
Persoa que é propiedade de alguén a quen ten que obedecer.
14. 
SUCESSO:
A.
Persoa que substutúe a outra por tempo indefinido no seu posto de traballo.
B.
Substancia en forma de lámina delgada feita cunha pasta obtida a partir de fibras vexetais.
C.
Cousa que pasa ou sucede, especialmente se ten algunha importancia.
D.
Bo resultado no que se emprende, éxito.
15. 
DECORAR:
A.
Combinar de xeito harmonioso os diferentes elementos necesarios ou ornamentais de un espazo arquitectónico.
B.
Quitarlle a cor a algo.
C.
Dicir ou aprender algo de memoria. Memorizar.
D.
Beber con ansia, dun grolo.
16. 
MALA:
A.
Peza de vestir utilizada nos traxes de baile tradicional que serve para suxeitar a saia.
B.
Planta tropical con talo alongado, flores laranxas e follas amarelas moi vistosas.
C.
Que non ten as calidades que debería ter. Que non é como convén ou como gustaría que fose. Que causa dano.
D.
Caixa de madeira, coiro, lona, etc., destinada ao transporte de roupa e outros obxectos de viaxe.