BEGOÑA VILA, astrofísica viguesa que traballou para a NASA ou a Axencia Espacial Canadense.
EUGENIA PEREIRA, de profesión hixienista dental, Doutora en Ciencia e Farmacia.
OLIMPIA VALENCIA, foi a primeira médica galega. Especializouse en xinecoloxía.
MANUELA BARREIRO, farmacéutica, primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 1901.
ISABEL ZENDAL, enfermeira e reitora do Hospital da Caridade da Coruña. Participou na expedición filantrópica da vacina de Xavier Balmis. Levou a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar.
ANTONIA FERRÍN, ourensá matemática e astrónoma.
ÁNGELES ALVARIÑO, zoóloga, oceanógrafa e mestra que liderou o comezo da investigación oceanográfica global. Naceu en Serantes, Ferrol.
MARÍA JOSÉ ALONSO, farmacéutica, catedrática e académica especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos. É unha das científicas máis influíntes de España.
ALICIA ESTÉVEZ TORANZO, pontevedresa especializada en patoloxías que afectan aos peixes (ictiopatoloxías).
ÁNGELA RUÍZ ROBLES, mestra e inventora galega precursora do libro electrónico ou e-book.
MARÍA WONENBURGER, matemática que exerceu de investigadora científica nos EE.UU. e o Canadá. Foi experta no campo da álxebra matemática.
AÍDA FERNÁNDEZ RÍOS, bióloga viguesa membro da Real Academia Galega de Ciencias.
MARÍA TARSY CARBALLAS, científica galega pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada-húmida de España.