Relacionar Columnas Científicas galegas!Versión en línea Une cada unha das imaxes co seu nome correspondente. Actividade creada para o alumnado de 5ºEP no contexto da materia Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais I Jorge Varela Otero USC por Xurxo Varela 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 MANUELA BARREIRO, farmacéutica, primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 1901. OLIMPIA VALENCIA, foi a primeira médica galega. Especializouse en xinecoloxía. EUGENIA PEREIRA, de profesión hixienista dental, Doutora en Ciencia e Farmacia. ANTONIA FERRÍN, ourensá matemática e astrónoma. ÁNGELA RUÍZ ROBLES, mestra e inventora galega precursora do libro electrónico ou e-book. MARÍA TARSY CARBALLAS, científica galega pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada-húmida de España. ALICIA ESTÉVEZ TORANZO, pontevedresa especializada en patoloxías que afectan aos peixes (ictiopatoloxías). MARÍA WONENBURGER, matemática que exerceu de investigadora científica nos EE.UU. e o Canadá. Foi experta no campo da álxebra matemática. ISABEL ZENDAL, enfermeira e reitora do Hospital da Caridade da Coruña. Participou na expedición filantrópica da vacina de Xavier Balmis. Levou a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. MARÍA JOSÉ ALONSO, farmacéutica, catedrática e académica especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos. É unha das científicas máis influíntes de España. AÍDA FERNÁNDEZ RÍOS, bióloga viguesa membro da Real Academia Galega de Ciencias. BEGOÑA VILA, astrofísica viguesa que traballou para a NASA ou a Axencia Espacial Canadense. ÁNGELES ALVARIÑO, zoóloga, oceanógrafa e mestra que liderou o comezo da investigación oceanográfica global. Naceu en Serantes, Ferrol.