Crear actividad
Jugar Test
1. 
Que necesitan as plantas para realizar a fotosíntese?
A.
Auga, sales minerais, enerxía solar e dióxido de carbono.
B.
Auga, terra e sol.
C.
Auga, sales minerais, e osíxeno.
D.
Auga, sales minerais, enerxía solar e osíxeno.
2. 
Que expulsan as plantas ao realizar a fotosíntese?
A.
Dióxido de carbono.
B.
Osíxeno.
C.
Auga.
D.
Ningunha das anteriores.
3. 
Cal das seguintes oracións é falsa?
A.
As plantas son os produtores dos ecosistemas.
B.
A fotosíntese é un proceso fundamental para a vida no planeta.
C.
Coa fotosíntese as plantas realizan a función de reprodución.
D.
As plantas fabrican o seu propio alimento.
4. 
As plantas son seres vivos ou seres inertes?
A.
Seres inertes porque non se desprazan.
B.
Seres vivos porque están formadas por células animais.
C.
Seres inertes porque só compren a función de nutrición e reprodución, non se relacionan.
D.
Seres vivos porque realizan as tres funcións vitais e están formadas por células.
5. 
A raíz das plantas sérvelles para:
A.
Suxeitarse no solo.
B.
Desprazarse.
C.
Absorber auga e sales minerais da terra.
D.
A primeira e a terceira son correctas.
6. 
O froito das plantas:
A.
Protexe a semente.
B.
É o órgano reprodutor.
C.
É o órgano encargado de fabricar o alimento.
D.
Serve como transporte de substancias.
7. 
Sinala a oración correcta:
A.
O talo das árbores é herbáceo.
B.
O talo das plantas herbáceas é leñoso.
C.
Os arbustos e as árbores son plantas de moita altura.
D.
A vida media dunha árbore é maior ca dunha planta herbácea.
8. 
Se comemos unha leituga, que parte da planta estamos comendo?
A.
As súas follas.
B.
A súa raíz.
C.
A súa flor.
D.
O seu froito.