Hábitos de estudoVersión en línea Estratexias e mecanismos para establecer rutinas de estudo saudables por Sabela Olivares Rivas 1 Cando nos dispoñemos a estudar, é necesario facelo baixo condicións favorables de espazo, temperatura e luz? a Si b Non c É indiferente 2 Antes de empezar a tocar, é preciso realizar un breve quecemento de exercicios flexibilizantes e de estiramento? a Non é necesario b É recomendable c Si, debemos quecer a musculatura implicada na interpretación 3 Debemos revisar o funcionamento do instrumento cando o montamos? (Axustar palleta e pallón, revisión das lingüetas, etc) a Sempre b A veces c Nunca 4 É necesario elaborar un plan de estudo antes de comenzar a tocar? a Non, con tocar o repertorio é suficiente b Si, debemos planificar os obxectivos da sesión de estudo c Non, da igual 5 Se durante o estudo notamos que temos falta de concentración, que debemos facer? a Deixar de estudar b Seguir estudando sen darlle importancia c Facer unha pausa e realizar un breve exercicio de respiración e relaxación 6 Debemos facer descansos durante o tempo de estudo? a Non, canto máis tempo seguido estudemos mellor b Si, para maximizar o uso do tempo e que non diminúa a nosa capacidade c Non é recomendable porque te desconcentras 7 Inflúe no rendemento do estudo non dormir suficiente? a Non, durmir non está relacionado co rendemento do estudo b Si, non dormir suficiente ten un efecto directo no baixo rendemento do estudo c Si, non dormir suficiente ten un efecto directo no rendemento óptimo do estudo 8 É recomendable simular as condicións dunha interpretación en público durante o estudo? a Si, simular a situación real aumenta as posibilidades de éxito cando te enfrentes á interpretación en público b Non, nunca se debe facer eso c Non, provoca desconcentración durante o estudo 9 Cando atopamos unha dificultade técnica na interpretación, que debemos facer? a Repetir sistemáticamente ata que se resolva b Analizar o problema e deseñar unha estratexia para resolvelo c Non facer nada, xa se resolverá noutra ocasión 10 Cando rematamos o estudo co instrumento debemos estirar a musculatura? a Si, axuda á recuperación da mesma e prevén lesións b Non, é contraproducente c É indistinto Explicación 1 Ter un sitio de estudo luminoso, con temperatura agradable, ordenado e espacioso é beneficioso para acadar un bo rendemento 2 Realizar exercicios de quecemento antes da interpretación instrumental é necesario para manter san a musculatura e previr posibles lesións no futuro 3 Antes de iniciar o estudo co instrumento é necesario revisar o funcionamento óptimo do mesmo para conseguir unha calidade de son adecuada e evitar pausas innecesarias mentres tocamos 4 Establecer unha guía de estudo axuda a rentabilizar o tempo e cumplir obxectivos 5 Os exercicios de respiración e relaxación axudan a mellorar a concentración 6 A capacidade de estudo diminúe en proporción directa ao tempo que vai transcurrindo, polo que facer descansos favorece o rendemento 7 O cansancio é un factor relevante na calidade do estudo, polo que durmir un número de horas suficiente te facilita un bo descanso e te permite aumentar o éxito do estudo 8 Recrear as condicións baixo as que vas a realizar a interpretación no futuro te axudará a conseguir o obxectivo de forma satisfactoria 9 Analizar cal é o problema (rítmico, de dixitación, de afinación, etc.) é necesario para aportar a solución correcta e establecer a estratexia de estudio idónea para solucionalo 10 Ao finalizar o estudo co instrumento debemor estirar e relaxar a musculatura para favorecer o descanso da mesma e previr posibles lesións no futuro