Icon Crear Crear

Crucigrama Climatoloxía

Crucigrama

Escribe o termo ao que se corresponde cada definición.

Descarga la versión para jugar en papel

Edad recomendada: 17 años
8 veces realizada

Creada por

España

Top 10 resultados

  1. 1
    01:49
    tiempo
    100
    puntuacion
  2. 2
    Ljn
    Ljn
    02:01
    tiempo
    18
    puntuacion
¿Quieres aparecer en el Top 10 de este juego? para identificarte.
Crea tu propio juego gratis desde nuestro creador de juegos
Compite contra tus amigos para ver quien consigue la mejor puntuación en esta actividad

Top juegos

  1. tiempo
    puntuacion
  1. tiempo
    puntuacion
tiempo
puntuacion
tiempo
puntuacion
 
game-icon

Crucigrama

Crucigrama ClimatoloxíaVersión en línea

Escribe o termo ao que se corresponde cada definición.

por El gg
1

Vexetación introducida polo ser humano nun espazo determinado da biosfera polo seu valor económico, ou pola degradación da cuberta vexetal existente. Tamén se lle pode denominar vexetación secundaria. Un exemplo sería a repoboación de piñeiros e eucaliptos na paisaxe vexetal do clima oceánico.

2

Aumento da temperatura do aire ó aumentar a altura, cando debera de diminuír segundo o gradiente térmico normal. Así atopamos o aire máis quente sobre o máis frío. É un fenómeno que se produce sobre todo nos anticiclóns invernais e é resultado da irradiación nocturna do frío do solo, que crea aire frío en superficie.

3

Vexetación que se ten establecido por si mesma nun determinado lugar, en determinadas condicións climáticas, sen intervención da man do ser humano. Está en equilibrio co ecosistema local e medra de xeito espontáneo.

4

É un bosque nuboso subtropical, propio de lugares húmidos, cálidos e sen xeadas, con grandes árbores. En España se dá nas illas Canarias, máis concretamente nas vertentes setentrionais das illas occidentais de maior elevación, alí onde o "mar de nubes" -determinado pola afluencia dos alisios- permite o seu crecemento.

5

Aba dun relevo montañoso que pola súa orientación respecto ao vento dominante queda exposto ao fluxo ascendente do aire. Ao elevarse o aire, arrefríase, condensa o vapor de auga que contén e produce precipitacións. Oponse a sotavento, que exponse ao fluxo descendente do aire.

6

Liña que une os puntos da superficie terrestre que rexistran a mesma cantidade de precipitacións. O seu valor exprésase en mm.

7

É unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a vertente do val expostas á sombra e oposta ao solleiro. As súas temperaturas máis baixas adoitan traducirse en diferenzas de vexetación, sendo os bosques máis amplos. En España é a zona orientada ao norte.

8

Liña que une os puntos da superficie terrestre que rexistran unha mesma presión atmosférica, medida en hectopascais ou milibares.

9

Relación entre a temperatura e a humidade nun espazo dado. Aumenta coa temperatura e coa escaseza de precipitacións. Implica sequidade e falta de humidade.

10

Ecosistema de matogueira mediterránea formado por especies perennifolias, principalmente arbustivas, que adoita aparecer sobre solos silíceos. As especies vexetais máis características son os madroños, as xaras, os breixos, os lentiscos e a xara.

11

Formación vexetal de matogueira, característica da rexión eurosiberiana e como consecuencia da degradación do bosque mixto atlántico. Está formada por matogueiras como a xesta, o toxo e o breixo, podendo acadar os 3 m de altura. É característica da España húmida, asentándose sobre solos pobres e pouco aptos para o cultivo.

4
2
6
5
1
8
7
11
10
9
educaplay suscripción