TEMA 3Versión en línea Rosco de pasapalabra relacionado cos contidos do Tema 3 (Santillana) de Lingua Galega en 5º Primaria. - Vocabulario: circuito eléctrico e palabras homónimas. - Gramática: o adxectivo e os seus graos. - Ortografía: normas de acentuación (agudas, graves, esdrúxulas) - Literatura: os textos literarios (prosa e verso). por Rocío Pérez López A B C D E F G H I K L M N O P Q R S T U V W X Z Comeza por A O adxectivo -antigo- en grao superlativo pode ser -moi antigo- ou... Comeza por B Palabra homónima de -vaca-, que se refire ao armazón dos coches para levar maletas. Comeza por C Na oración -O coche de Ana é menos rápido ca o meu-, o adxectivo está en grao... Comeza por D Ferramenta que serve para poñer ou quitar os parafusos. Comeza por E -Práctica- acentúase porque é unha palabra... Comeza por F Palabra grave con acento que se refiere a cando algo é doado de facer e se consegue sen dificultade. Comeza por G -Bíceps- acentúase porque é unha palabra ________ rematada no grupo consonántico -ps. Comeza por H As palabras que se pronuncian exactamente igual ca outras, escríbanse ou non da mesma maneira chámanse palabras... Comeza por I Cando un adxectivo presenta a mesma forma para o masculino que para o feminino, dicimos que é un adxectivo... Comeza por K Deporte de orixe xaponesa no que unha persoa trata de derribar a outra mediante golpes dados cos bordos das mans, cos cóbados, cos xeonllos e cos pés. Comeza por L Poden estar escritos en prosa ou en verso e a súa finalidade é transmitir sentimentos, emocións e facernos disfrutar léndoos. Son os textos... Comeza por M Completa a oración co adxectivo proposto en grao comparativo: María ten 11 anos e Xoán 9. María é (MAIOR) Xoán. Contén N Palabra grave con acento gráfico que se refire a unha bicicleta para dúas personas. Contén O Texto moi ben organizado en distintos apartados, con imaxes ou debuxos para axudar a comprendelo, e que presenta unha linguaxe clara e directa para indicar todo o que necesitamos saber sobre un aparello, moble ou utensilio que compremos. Comeza por P Nas palabras graves a sílaba tónica é a... Contén Q -Merquei uns zapatos novos-. Merquei ou merquéi? Contén R -Grande- é un adxectivo variable ou invariable? Contén S Comeza por T Ferramenta que consta dun mango de madeira e unha barra de ferro en forma de espiral que serve para facer buratos Contén U Cal é unha palabra grave: círculo ou circulo? Comeza por V O adxectivo -bo- ten esta forma para o masculino e outra para o feminino. Polo tanto, é un adxectivo... Comeza por W Palabra grave que se refire ao que nos conectamos co ordenador para que nos funcione Internet. Comeza por X Palabra bisílaba e aguda rematada en ditongo decrecente, que se refire a unha peza de roupa da parte superior do corpo. Contén Z Palabra grave que se refire a unha substancia doce e branca que se emprega para facer postres ou para facer menos amargo o café.