Relacionar Columnas XeografíaVersión en línea Relaciona o concepto coa súa definición. por El gg 1 CUNCAS SEDIMENTARIAS 2 CORDILLEIRAS DE PREGAMENTO 3 TECTÓNICA DE PLACAS 4 MESETA 5 TÓMBOLO 6 MACIZOS ANTIGOS 7 RÍA 8 FOZ 9 ZÓCOLO 10 ALUVIÓN Corte profundo, case vertical, que pode chegar a formar un río ao circular sobre materiais duros. É unha forma propia do relevo cárstico. Conxunto de terreos antigos que constitúen plataformas ríxidas parcialmente recubertas de depósitos sedimentarios máis recentes. Son mesetas formadas na Era Primaria ao erosionarse as cordilleiras xurdidas na oroxénese herciniana. Zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos de arxilosos e calcarios. Na actualidade, ao non resultar afectadas por oroxéneses posteriores, constitúen estruturas horizontais. Poden ser de 2 tipos: as formadas polo afundimento dun bloque dun zócolo a causa das presións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e Guadiana); e as depresións prealpinas, localizadas a ambos os lados das cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e do Guadalquivir). Barra de area que une unha illa ao continente mediante a formación dunha lingua de terra, formando un alzamento de croios ou de area. Cando son dobres e se van unindo poden formar unha lagoa litoral. Son grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxénese alpina da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Na actualidade presentan fortes pendentes e formas escarpadas, xa que pola súa relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou. Podemos distinguir as cordilleiras intermedias (sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica) e as cordilleiras alpinas (Pireneos e cordilleiras Béticas). Son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque do zócolo como consecuencia do movemento oroxénico alpino. Son materiais paleozoicos. Estes macizos presentan cumes suaves e arredondados. Na Península, constitúen macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica. Restos miúdos de rochas que presentan unha granulometría diversa (gravas, areas, cantos) que son transportados polos ríos e forman depósitos sedimentarios de orixe fluvial. Sufriron o desgaste progresivo das súas arestas como consecuencia do rozamento ó que estiveron sometidos. Acumúlanse nas canles das correntes, nas chairas inundables e nos deltas. Val fluvial afundido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial, relacionado cun afundimento tectónico. As Rías Altas e Baixas galegas son bo exemplo disto. Superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordos poden ser montañosos. En España é a unidade principal do relevo peninsular, resto do antigo macizo xurdido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e os rebordos montañosos. Teoría que explicou a deriva continental e outros fenómenos. A superficie exterior da Terra consiste en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas. Estas transportan os continentes e os solos oceánicos, están en constante movemento e son a causa de moita actividade xeolóxica (formación de montañas, volcáns e terremotos). As placas sofren tres tipos básicos de movementos: sepáranse, converxen e deslízanse.