Icon Crear Crear

PASAPALABRA 3º ESO

Ruleta de Palabras

(1)
Na seguinte ruleta de palabras, debes responder cos vocábulos aos que se refiren as seguintes definicións. A ver canto lembras...

Descarga la versión para jugar en papel

Edad recomendada: 14 años
39 veces realizada

Creada por

España

Top 10 resultados

  1. 1
    10:00
    tiempo
    32
    puntuacion
  2. 2
    03:19
    tiempo
    0
    puntuacion
¿Quieres aparecer en el Top 10 de este juego? para identificarte.
Crea tu propio juego gratis desde nuestro creador de juegos
Compite contra tus amigos para ver quien consigue la mejor puntuación en esta actividad

Top juegos

  1. tiempo
    puntuacion
  1. tiempo
    puntuacion
tiempo
puntuacion
tiempo
puntuacion
 
game-icon

PASAPALABRA 3º ESOVersión en línea

Na seguinte ruleta de palabras, debes responder cos vocábulos aos que se refiren as seguintes definicións. A ver canto lembras...

por Sonia Lopez Fernandez
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Serie ordenada de letras que representan os sons dunha lingua.

Comeza por B

Parte ou zona situada no extremo dunha cousa ou que constitúe o seu límite con outra cousa.

Comeza por C

Desexo moi forte dunha cousa.

Comeza por D

Libro que contén palabras dunha lingua ou dunha ciencia ou materia determinada, ordenadas alfabeticamente e acompañadas dunha definición ou doutro tipo de explicación.

Comeza por E

Facer que unha cousa chegue a máis sitios ou a máis xente, facer que abranga máis espazo

Comeza por F

Adverbio de lugar.

Comeza por G

Conxunto de regras que se deben seguir para falar e escribir correctamente unha lingua.

Comeza por H

Relación entre palabras de significado diferente que coinciden na pronuncia e ou na grafía.

Comeza por I

Lugar que non dá acceso, ao que non se pode chegar ou no que non se pode entrar.

Comeza por L

Que non é amigo de traballar e que pasa o máis do tempo sen facer nada.

Comeza por M

Cada un dos dentes non afiados da parte posterior da boca cos que se tritura a comida.

Comeza por N

Que non está vestida, sen roupa.

Comeza por O

Recurso literario que consiste nunha palabra que se forma imitando sons reais.

Comeza por P

Membrana móbil que cobre e protexe a parte visible do ollo

Comeza por Q

Parte da cara que está entre a boca e o pescozo, especialmente a punta en que remata.

Comeza por R

Franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar.

Comeza por S

Réptil da familia dos emídidos, do que existen varias especies, que en Galicia hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive, e se alimenta de insectos, vermes e moluscos.

Comeza por T

Que persiste nas súas ideas ou actitudes, mesmo ante a evidencia de estar equivocado ou obrando mal. Testudo.

Comeza por U

Preparado líquido ou pastoso que serve para unxir ou untar a pel, en particular o que se elabora a base de ceras, resinas ou substancias graxas e se utiliza como medicamento. Untura.

Comeza por V

Armazón de balaústres, barras ou elementos similares que a modo de protección se coloca en balcóns, escaleiras etc.

Comeza por X

Mala vontade ou mala disposición do ánimo en contra de algo ou alguén. Manía, rabia.

Comeza por Z

Dar un ou varios golpes a unha persoa ou animal. Atizar, pegar.