Galego 6Versión en línea Rosco de palabras 6º por Irene F A B C D E F G H I J L M N O P Q R S T U V W X Z Comeza por A Que existe, que se conserva desde hai moito tempo Comeza por B Viveiro que consiste nunha plataforma ancorada no mar da que penden varias cordas, onde se cría o mexillón ou outros moluscos. Comeza por C Clase de palabra de forma invariable que serve para relacionar oracións ou frases, marcando o tipo de relación sintáctica existente entre elas. Comeza por D Díxonos + o Comeza por E Vía destinada á circulación de vehículos automóbiles. Comeza por F Tipo de xénero Comeza por G Instrumento musical de vento que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos de madeira por onde sae o aire ao premer o fol entre o brazo e o costado. Comeza por H Recibir algo dos pais, das xeracións anteriores etc. Comeza por I Forma non persoal dun verbo Comeza por J Antigo sistema de loita xaponesa sen armas, hoxe practicada como deporte, baseado no emprego de chaves para inmobilizar o contrario ou para desequilibralo e facelo caer. Comeza por L Satélite da Terra Comeza por M Posesivo masculino singular un só posuidor Comeza por N Ningunha persoa, o contrario de alguén Comeza por O Única provincia de Galicia que non ten costa Comeza por P Feminino de patrón Comeza por Q Alimento que se obtén callando o leite e separando a parte líquida. Comeza por R Pequeno roedor de cor gris ou parda e rabo delgado e longo Comeza por S Peza de vestir feminina que parte da cintura. Nalgúns lugares tamén a levan homes. Comeza por T Terceira persoa do singular do presente de indicativo do verbo ter Comeza por U Aplicar o sentido do olfacto para percibir o olor de [algo] Comeza por V Período de tempo durante o cal non hai que asistir ao traballo ou ás clases, dedicado polo xeral a descansar e a actividades distintas das habituais. Comeza por W Deporte náutico que consiste en desprazarse sobre a auga nunha táboa provista dunha vela fixada a un mastro articulado. Comeza por X Mamífero salvaxe da familia dos súidos moi semellante ao porco doméstico, de pelame mesto e forte, cor escura, gris ou negra, Comeza por Z Calzado rústico coa sola de madeira e a empeña de coiro, que se amalloa e cobre o nocello.