OS ANIMAIS VERTEBRADOSVersión en línea T6. O REINO ANIMAL. OS ANIMAIS VERTEBRADOS BIOLOXÍA 1º ESO por Teba Barrio 1 Os animais clasifícanse segundo se teñen ou non: a Patas. b Columna vertebral. c Orellas. d Células eucariotas. 2 Se un animal se divide en dúas partes simétricas por medio dun plano imaxinario: a Presenta simetría radial. b Presenta simetría lineal. c Presenta simetría bilateral. d Non é unha simetría real. 3 Os voitres e hienas son animais: a Depredadores. b Parasitos c Omnívoros. d Preeiros. 4 Que característica é a común a todos os vertebrados? a Teñen pelo. b Teñen esqueleto interno. c Son poiquilotermos. d O seu corpo ten forma fusiforme. 5 Que significa ter o corpo fusiforme? a Que nas extremidades teñen aletas. b Que ten o corpo recuberto de escamas. c Que ten máis estreita a parte dianteira e traseira ca o centro. d Que non poden regular a temperatura corporal. 6 Que teñen os peixes óseos que non teñan os cartilaxinosos? a Branquias. b Opérculo. c Liña lateral. d Dentículos. 7 Que é un anuro? a Unha especie de réptil. b Un tipo de peixe. c Un grupo de anfibios. d Unha clase de píntega. 8 Cal é o eixe central dunha pluma? a O opérculo. b As barbas. c O cálamo. d A raque. 9 Que clase de aves teñen quilla? a As aves voadoras. b As aves corredoras. c Todas as aves teñen. d A quilla non é das aves, senón dos peixes. 10 Un mamífero que pon ovos, como se chama? a Marsupial. b Ovomamífero. c Monotrema. d Placentario.