Con esta actividade participaredes no famoso programa de Pasapalabra! Teredes que completar o rosco coas palabras axeitadas, para iso, antes deberedes revisar e ler atentamente o PowerPoint sobre o corpo dos seres humanos.
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por
A
Orificio situado na parte final do intestino groso, por onde se eliminan as feces
Comeza por
B
Substancia segregada polo fígado, únese co zume pancreático para formar o quilo
Comeza por
C
Finos condutos do aparato circulatorio, é o lugar onde se recollen os nutrientes das vilosidades para iniciar o percorrido polo aparato circulatorio.
Comeza por
D
Cantidade e variedade de alimentos e de auga que unha persoa consome habitualmente. Depende de razóns culturais, relixiosas e xeográficas.
Comeza por
E
Nome dun dos aparatos que se encarga de realizar a nutrición, é o que se ocupa de expulsar os refugallos e substancias tóxicas do noso organismo, como, por exemplo, os ouriños.
Comeza por
F
Unha das glándulas dixestivas que conforman o aparato dixestivo, encárgase de segregar a bile.
Comeza por
G
Unhas das glándulas dixestivas que conforman o aparato dixestivo, encárganse de segregar a saliva.
Comeza por
H
Alimentos que se recollen nas hortas e, xunto coas froitas e verduras, conforman o grupo de alimentos reguladores.
Comeza por
I
Un dos elementos que conforman o tubo dixestivo e que se sitúa entre o estómago e o intestino groso. A súas paredes están recubertas de vilosidades. É o lugar onde se forma o quilo.
Comeza por
L
Alimentos que forman parte do grupo de alimentos mixtos. Entre eles están as lentellas, os garbanzos, as fabas...
Comeza por
M
Elementos que conforman a carne, situados baixo a pel e a capa de graxa. Permítennos realizar gran variedade de movementos.
Comeza por
N
Proceso no que se extraen os nutrientes dos alimentos e o osíxeno do aire e se reparten por todo o corpo e no que se eliminan as substancias de refugallo.
Comeza por
O
Órganos que conforman o esqueleto, que se encargan de sosteñer o noso corpo e protexer os nosos órganos internos. Están debaixo da pel, a graxa e os músculos.
Comeza por
P
Parte máis externa do noso corpo. É un recubrimento que que nos protexe da perda de líquidos, das temperaturas extremas, da entrada de microorgnanismos e de partículas estrañas.
Comeza por
Q
Pasta que contén os nutrientes e que se forma no intestino delgado.
Comeza por
R
Nome dun dos aparatos necesarios para realizar o proceso de nutrición. Está formado polas vías respiratorias e os pulmóns, e permítenos obter osíxeno e expulsar dióxido de carbono.
Comeza por
S
Método de conservación antigo que consiste en facer que o sal penetre nos alimentos, absorba a súa auga e impida o desenvolvemento dos descompoñedores.
Comeza por
T
Agrupacións organizadas de células. Constitúen os órganos.
Contén
U
Elemento esencial da nutrición, que disolve os nutrientes e as substancias de refugallo. É necesario bebela a diario e en abundancia, sobre todo se vai calor ou se se fai exercicio.
Comeza por
V
Rugosidades que hai nas paredes do intestino delgado. Nelas os nutrientes pasan aos capilares.
Contén
X
Tipos de nutrientes que proporcionan moita enerxía e almacénanse no corpo. Poden ser de orixe vexetal ou animal.
Contén
Z
Proceso polo que se limpa a auga para facela apta para o consumo humano.
|