Icon Crear Crear

La música en la publicidad

Presentación

Trabajo de música de 4º.

Descarga la versión para jugar en papel

Edad recomendada: 15 años
7 veces realizada

Creada por

España

Top 10 resultados

  1. 1
    00:11
    tiempo
    100
    puntuacion
  2. 2
    00:35
    tiempo
    100
    puntuacion
  3. 3
    02:38
    tiempo
    100
    puntuacion
  4. 4
    08:27
    tiempo
    100
    puntuacion
¿Quieres aparecer en el Top 10 de este juego? para identificarte.
Crea tu propio juego gratis desde nuestro creador de juegos
Compite contra tus amigos para ver quien consigue la mejor puntuación en esta actividad

Top juegos

  1. tiempo
    puntuacion
  1. tiempo
    puntuacion
tiempo
puntuacion
tiempo
puntuacion
 
game-icon

La música en la publicidadVersión en línea

Trabajo de música de 4º.

por cristina fer.ins
1

1_ Funcións da música nos medios de comunicación

1. Sintonía

Fragmento musical co que se marca o comezo ou o remate dun programa e que serve para identificalo entre os demais.
2

Funcións da música nos medios de comunicación

2. Música de fondo

Fai referencia a varios estilos de música ou sons, destinados principalmete a ser pasivamente escoitados a un volume normalmente baixo. Non está destinada a ser o foco principal dun anuncio, senón máis ben a complementalo.
3

2_ Funcións da música na publicidade

1. Estrutura o anuncio

O traballo da música na publicidade consiste en que sexa capaz de captar a atención, despertar interés, xerar desexo e conducir acción ao consumidor. 

Desde o punto de vista do espectador, non é o mesmo anuncio un que teña música que un que estea en silencio. Ao mesmo que si a música a protagoniza un cantante ou grupo famoso e coñecido que alguén que non sexa importante.

- O silencio produce máis expectación.

- o ruído produce máis tensión.

- A música pode producir relaxación, tensión ou expectativa.

Hai diferentes clases de música que se clasifican en:

• MÚSICA: Obxectiva, subxectiva ou suxestiva e descritiva.

• RUIDO: Obxetivo e descritivo

• SILENCIO: Obxectivo e subxectivo.

• VOZ: Voz en off.

• CONTRASTE

• INTERRUPCIÓN

• GOLPE MUSICAL

• FUNDIDO MUSICAL

• ENCADEADO MUSICAL

• ELIPSE: Poético e musical

• FONDO MUSICAL

• CARACTERÍSTICA INSTRUMENTAL

• COR E TIMBRE

4

Funcións da música na publicidade

2. Facilitan que chegue a un determinado público

Os anuncios poder ir dirixidos a un público concreto, de diferentes idades, sexo, condición física... Para iso úsanse diferentes cualidades no anuncio. Por exemplo a música, dibuxos, sons, asociacións, etc inflúen moito.
5

Funcións da música na publicidade

3. Despertan interés

Un anuncio pode despertar gran interés en nós segundo a mensaxe, música, imaxes e demais obxectos que chamen a atención nel.
6

Funcións da música na publicidade

4. Axudan a memorizar o produto

Son os anuncios que repiten partes, frases, música que sexa pegadiza, curta, bonita, importante e recoñecible do propio anuncio e que finalmente vai a ser sinxela de memorizar.
7

Funcións da música na publicidade

5. Reforzan o contido

A maior parte dos anuncios publicitarios teñen un tipo de música ou canción que ten unha relación e reforza o contido deste.
8

3_ Tipos de música publicitaria

1. Melodías xa existentes (orixinal ou cover)

Son os anuncios con melodías ou cancións inventadas pola propia publicidade e que non existen anteriormente.


9

Tipos de música publicitaria

2. Jingle

É un tema musical cantado ou unha canción breve utilizada con fins publicitarios.

Pode ser melódico ou calquera outro xénero musical, de modo que se consiga que a marca sexa facilmente recordada polas persoas. Tamén sintetiza o estilo e a alma da emisora, sole ter unha duración entre 30 a 60 segundos.

A eficacia dun jingle é esencial porque ten que imprimirse na memoria de quen o escoita. Por esa razón ten que ser claro, curto e facilmente identificable para que se distinga rápido.

Moitas veces utilízanse canciones preexistentes para lograr atraer ao público pero outras veces só é un slogan musical, unha frase curta nunha unidade formal menor. Tamén existen as instrumentais utilizadas como cortina musical.  

Como este vídeo non o deixa abrir, poño o enlace aquí. Hai que copialo e pegalo no buscador: https://bit.ly/38cPg9X .

10

Tipos de música publicitaria

3. Banda sonora

Fai referencia á parte sonora dunha proxección audiovisual, composta por diálogos, sons ambientais, música e calquera outro tipo de sons reais ou sintéticos. Normalmente asimílase coa música do cine, pero tamén pode utilizarse en calquera outro produto audiovisual, como os videoxogos, os programas de televisión e os produtos derivados.

Unha banda sonora é toda aquela música, tanto vocal como instrumental, que se emite en películas de cine, anuncios, ou calquera outro medio audiovisual. É a música composta expresamente para unha película de cine audiovisual ou mudo pero a banda sonora en si nace coa aparición do cine sonoro.

11

Tipos de música publicitaria

4. Música de librería (libre de dereitos)

Son os anuncios con melodías ou cancións que xa existían antes ou que versionaron e que posteriormente incluíron nos propios anuncios. Son cancións xa soantes e non son inventadas pola publicidade. Esta música pode ser copiada, distribuída e modificada libremente para calquera propósito.

12

4_ Análise dun anuncio publicitario

1. Análise dun anuncio

Anuncia: Unha compañía telefónica (Movistar).

Slogan: "Movistar elige todo".

Público ao que se dirixe: Diríxese a todo o público. Aos rapaces que teñan coidado co que fan co teléfono e con quen falan e aos adultos para que elixan esta compañía de teléfono que é máis segura.

Función da música: A música é todo o tempo relaxante e tranquila. No final cando as dúas persoas se atopan, a música deixa de cantar, é máis lenta e o volume descende un pouco. Polo medio soan sons telefónicos e interxeccións.

Tipo de música: É unha canción moi tranquila cun cantante.

Transmite: Unha vivencia amorosa e romántica e logo no final unha certa tensión pouco apreciable.

educaplay suscripción