Icon Crear Crear

Texto 3: A pelota de trapo

Presentación

Texto para traballar a comprensión lectora

Descarga la versión para jugar en papel

Edad recomendada: 11 años
21 veces realizada

Creada por

España

Top 10 resultados

  1. 1
    00:06
    tiempo
    100
    puntuacion
¿Quieres aparecer en el Top 10 de este juego? para identificarte.
Crea tu propio juego gratis desde nuestro creador de juegos
Compite contra tus amigos para ver quien consigue la mejor puntuación en esta actividad

Top juegos

  1. tiempo
    puntuacion
  1. tiempo
    puntuacion
tiempo
puntuacion
tiempo
puntuacion
 
game-icon

Texto 3: A pelota de trapoVersión en línea

Texto para traballar a comprensión lectora

por Pablo Nine
1

Páxina 1

"A pelota de trapo"

2

Páxina 2

3

Página 3

Nos primeiros anos da posguerra, nunha pequena aldea do interior de Galicia, vivía Moncho, un rapaz de once anos, coa súa nai, Lola. O pai morrera na guerra e a pobre muller tivo que entrar a servir no pazo de Don Braulio Casares, traballando día e noite, para poder darlle de comer ao seu fillo.

Moncho era un neno moi agarimoso, comprensivo e responsable para a súa idade. Aínda que lle tería gustado, nunca puido ir á escola, e dende moi pequeno, tivo que traballar coma un home máis. Axudaba a súa nai na casa, coidaba dos animais do amo, e, de cando en vez, incluso botaba unha man na terra coma os máis fortes braceiros. Súa nai, facía grandes esforzos para que ao seu fillo non lle faltara nunca un anaco de pan que comer, pero a vida era para eles terriblemente dura.

-Moncho! Moncho! Onde estás, fillo?

-Estou aquí mamá, xogando á pelota.

-Pero, filliño -díxolle súa nai cun ton profundamente tenro-, ti non tes ningunha pelota.

-Si, mamá, teño unha pelota que fixen eu mesmo con estes trapos amarrados.

De súpeto, os ollos da muller comezaron a encherse de bágoas.

-Ai, filliño! Canto me gustaría que puideses…!

-Que puidese que, mamá?

-Pois que ti puideses ter moitos xoguetes, como ten o fillo de Don Braulio.

-Manolito? -exclamou o rapaz, abraiado-. Pero se ese rapaz nunca sae da casa. Sempre está metido no seu cuarto xogando só. Si, terá moitos xoguetes, pero non ten amigos. Se chove, non pode saír á eira porque mancha os zapatos de lama; se vai frío, tampouco, porque se pode acatarrar. En cambio, eu sempre estou fóra, coa xente, e teño moitos amigos.

4

Página 4

-Ademais, eu nunca puiden mandarte á escola e Manolito ten un mestre para el só que lle vén á casa decote.

-Xa sei, mamá; pero non é quen de muxir unha vaca, nin distingue un merlo dun pardal, nin escoitou nunca o canto dun grilo, nin…

-Entón, filliño, non che gustaría ter os xoguetes que ten Manolito e máis ir á escola coma el?

-Bueno, o de ir á escola…Pero á escola de verdade, con todos os rapaces, eh! E xoguetes…? Eu tamén teño xoguetes, mamá.

-Pero, somos tan pobres que non podemos mercar nin sequera… -A muller fixo unha pequena pausa provocada polo nó que se lle estaba a facer na gorxa-. En cambio os pais de Manolito…

-Mamá, deixa xa iso! -interrompeu o rapaz, que non soportaba ver en súa nai aquel sentimento de culpabilidade-. Os pais de Manolito, nunca están con el. Seu pai sempre ten que viaxar polos negocios, ou asistir a reunións aquí e acolá. E súa nai sempre está na cama, ou peiteando os cabelos, ou coas súas amigas no Club Social. Decátaste, mamá? O pobre é Manolito. É tan pobre que só ten un cuarto cheo de xoguetes. Pero eu teño o ceo, a terra, o aire, os animais, amigos que me queren… E por riba de todo, mamá, eu son o rapaz máis rico do mundo porque te teño a ti.

A muller deulle ao seu fillo unha aperta como nunca fixera, decatándose de que lle dera, dende moi pequeno, o mellor dos agasallos, algo que non se pode mercar: un corazón grande e xeneroso.

5

Fonte

Pablo Nine, “A pelota de trapo”.

educaplay suscripción